Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas de persoas preinscritas nos Campacoles de verán

Cando:

23 de maio de 2025

Os días 26 e 27 de maio poderanse presentar reclamacións e o sorteo de prazas realizarase o 29 de maio.

O Concello da Coruña publicou hoxe, venres 23 de maio, as listaxes provisionais dos distintos campamentos que conforman os "Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2025".

Entre eles atópanse os Campacoles, campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor organizados pola Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de responder ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo).

As listaxes pódense consultar na páxina do programa Campacoles 2024-25 ou na páxina dos Campamentos de Verán 2025 .

Coa publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas, ábrese un prazo de reclamacións, os días 26 e 27 de maio, e o sorteo das prazas terá lugar o xoves 29, ás 10.00 horas.

Datas destacadas:

  • Publicación de listaxes provisionais: 23 de maio
  • Prazo de presentación de reclamacións: 26 e 27 de maio
  • Sorteo: 29 de maio, ás 10.00 horas
  • Publicación de listaxes de admitidos/as: 2 de xuño
  • Prazo para realizar a inscrición e o pago: 3, 4, 5 e 6 de xuño
  • Publicación de lista de espera: a partir do 10 de xuño

Programa ao que pertence

  • Campacoles 2024-25

    A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Campacoles 2025: listaxe de persoas preinscritas (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión