A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Escolares de Educación Infantil e Primaria matriculados/as nos CEIP do Concello da Coruña no actual curso 2024/2025
Os campamentos realizaranse de luns a venres, excepto festivos, das 10.00 ás 14.00 h e cos seguintes horarios segundo outros servizos:
COTAS DE INSCRICIÓN E SERVIZOS POR QUENDA
As persoas solicitantes e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2024/2025 terán unha bonificación do 50% de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, aboaranse na súa totalidade.
SEGURO DE ACCIDENTES: 4 €
Estarán exentos/as do pago do seguro de accidentes aquelas persoas solicitantes matriculadas en calquera programa ofertado pola Federación das ANPA no curso 2024/2025 ("Cóxegas", "Deporte no centro", "Arte e cultura no centro" e "Idiomas no centro").
MODO DE ABONO: a cota correspondente aboarase mediante transferencia a favor da Federación Provincial das ANPA: ES37 2100 6359 5802 0006 1816
No caso de non realizarse o pago nos prazos establecidos, a praza quedará vacante, para a súa xestión na listaxe de espera.
As actividades programadas terán un carácter multidisciplinar, con propostas que irán desde a animación á lectura ata os xogos e deportes, pasando polos xogos de enxeño, actividades musicais, teatrais etc.
Como novidade, incorporarase 1 hora diaria de INGLÉS para cada grupo, dentro da propia programación do Campacole.
Todas estas propostas virarán arredor de un mesmo fío condutor ou TEMÁTICA; que de cada queda serán as seguintes: A volta ao mundo en 10 días. Escola de detectives. Exploradores urbanos
PERSOAS DESTINATARIAS
Escolares de Educación Infantil e Educación Primaria matriculados nos centros públicos de municipio (CEIP) da Coruña no curso 2024/2025.
LUGARES DE REALIZACIÓN
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Barbeito
CEIP Novo Mesoiro
CEIP Ramón de la Sagra
CEIP San Francisco Xabier
CEIP San Pedro de Visma
CEIP Torre de Hércules
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
NÚMERO DE PRAZAS
3 grupos de 15 escolares por sede e quenda.
Terán preferencia, ata un 33% das prazas por quenda, o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento.
Dende o 23/06/2025 ata o 01/08/2025
Quenda 1.ª: do 23 de xuño ao 4 de xullo (24 de xuño festivo local, sen actividade)
Quenda 2.ª: do 7 ao 18 de xullo
Quenda 3.ª: do 21 de xullo ao 1 de agosto (25 de xullo festivo, sen actividade)
Dende o 13/05/2025 ata o 15/05/2025
Publicación das listas provisionais: 23 de maio
Correccións/reclamacións: 26 e 27 de maio
Sorteo de prazas: 29 de maio, ás 10.00 h
Publicación das listas de persoas admitidas: 2 de xuño
Inscrición e pago: 3, 4, 5 e 6 de xuño
Lista de espera: a partir do 10 de xuño
Federación Provincial das ANPA de centros públicos
R/ Orzán, 21, 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503
1. Poderase solicitar por orde de preferencia ata 3 quendas.
2. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.
3. En caso de irmáns ou irmás tomarase como referencia o número de adxudicación do que se inscriba en primeiro lugar.
4. A adxudicación de prazas farase empezando polo número agraciado e seguirase cos números inmediatamente correlativos. De chegar ao final da listaxe numérica sen esgotar as prazas dispoñibles, continuarase polo primeiro número inscrito.
5. Ademais do número, para a adxudicación terase en conta a orde de preferencia da quenda solicitada e as prazas dispoñibles nela.
6. Na ficha de inscrición detallaranse a autorización ou non do uso da imaxe, se ten algunha alerxia alimentaria, se padece algunha doenza que impida a realización de actividade física e se precisa algún tipo de atención individualizada.
7. Os grupos de madrugadores e comedor só se formarán cun mínimo de 10 participantes inscritos/as.
INSCRICIÓN: a través da ficha na web https://app.fedapascoruna.org/login
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS (provisionais e definitivas): na web municipal www.coruna.gal , no 010 e na web da federación das ANPA: www.fedapascoruna.org
Máis información sobre os Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2025: Campamentos de Verán 2025
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible