30 de xuño de 2026
O prazo de matrícula permanecerá aberto do 1 ao 10 de xullo. As matrículas serán xestionadas por cada unha da escolas da REIM.
O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña publicou hoxe, martes 30 de xuño, a resolución definitiva de solicitudes admitidas na convocatoria ordinaria da Rede de Escolas Infantís Municipais para o curso 2026-2027.
As listas, distribuídas por escolas, pódense consultar na páxina do portal de educación coa información sobre o proceso de admisión ( Proceso de admisión ).
Ademais, tamén se publicaron os seguintes documentos:
Con esta publicación ábrese, do 1 ao 10 de xullo, o prazo de matrícula, que será xestionada por cada unha das escolas da REIM. A persoa solicitante admitida deberá dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación: carta sanitaria do neno/a, carta de vacinas do neno/a, informe médico sobre alerxias e intolerancias (de ser o caso) e calquera outra documentación que a escola requira en función das particularidades de cada caso.
Cabe destacar que en caso de renuncia expresa á praza obtida, esta deberá presentarse, a través do rexistro electrónico ou presencialmente en calquera dos rexistros físicos do Concello, no prazo de 3 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación das listas, é dicir, do 1 ao 3 de xullo. No caso de renuncia, é posible solicitar entrar na lista de espera (sempre que se solicitase unha segunda escola) de acordo á súa puntuación.
Lista de espera
Cabe lembrar que o Concello incorpora este ano, para os usuarios das escolas infantís, a creación dunha lista de espera única unha vez pechado o proceso ordinario, de forma que se poidan ir cubrindo as vacantes que queden sen necesidade de que os pais/nais/titores esperen por unha convocatoria extraordinaria.
Esta lista de espera, distribuída por grupos de idade, estará formada por aquelas solicitudes de nova admisión presentadas dentro dos prazos establecidos e que non obtiveron praza (ou que renunciaron a ela), ordenadas segundo o posto e a puntuación alcanzada conforme aos criterios de prioridade e baremación regulados nas bases. A lista de espera, que será válida ata o 31 de decembro de 2026 (non se realizarán mais chamamentos a partir desa data), estará publicada na páxina web municipal e actualizada en todo momento.
Máis información na páxina informativa sobre o Proceso de Admisión: Proceso de admisión
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible