2 de xuño de 2025
Ábrese un prazo de trece días hábiles para presentar alegacións (do 3 ao 19 de xuño, ambos os días incluídos).
O Concello da Coruña publicou hoxe, luns 2 de xuño, as listaxes provisionais de persoas admitidas para o curso 2025-2026 da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM).
As listas para cada unha das escolas pódense consultar na páxina coa información sobre o Proceso de admisión na REIM , na web de Educación do Concello da Coruña. Tamén está dispoñible a listaxe de solicitudes excluídas, na cal se indican as causas da exclusión.
Tras a publicación, ábrese un prazo de trece días hábiles, do 3 ao 19 de xuño, para presentar alegacións.
Tras este período, publicaranse as listas defintivias, o luns 23 de xuño, e abrirase o prazo de matrícula do 25 ao 30 de xuño.
O calendario do proceso de admisión é o seguinte:
Publicación das listaxes de solicitudes incompletas e excluídas |
5 de maio |
Prazo de corrección de documentación |
Do 6 ao 19 de maio |
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera |
2 de xuño |
Prazo de alegacións |
Do 3 ao 19 de xuño |
Listas definitivas |
23 de xuño |
Matrícula |
Do 25 ao 30 de xuño |
Inicio do curso |
5 de setembro |
Máis información sobre o proceso de admisión na páxina do Proceso de admisión na REIM .
Eventos relacionados
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible