Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
REIM: prazo de matrícula (convocatoria extraordinaria de setembro)
Nenos e nenas da EIM Monte Alto no horto da escola
Cando:
Dende o 16/12/2025 ata o 18/12/2025
Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM.
Coa publicación das listas definitivas de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de setembro da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026, ábrese o prazo de matrícula do 16 ao 18 de decembro (ambos os días incluídos).
Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025-2026, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM.
A persoa solicitante deberá dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación:
Cartilla sanitaria do neno/a.
Cartilla de vacinas do neno/a.
De ser o caso, informe médico sobre alertas e intolerancias.
Calquera outra documentación que a escola requira en función das circunstancias particulares de cada caso.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible