Concello da Coruña

Concello da Coruña

REIM: prazo de matrícula (convocatoria extraordinaria de xullo)

Cando:

Dende o 09/09/2025 ata o 12/09/2025

Xa rematou

Poderanse presentar alegacións dende o 2 ata o 4 de setembro, ambos os días incluídos.

Coa publicación das listas definitivas de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de xullo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026, ábrese o prazo de matrícula do 9 ao 12 de setembro (ambos os días incluídos).

Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025-2026, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM.

A persoa solicitante deberase dirixir á escola asignada e presentar a seguinte documentación:

  • Cartilla sanitaria do neno/a.
  • Cartilla de vacinas do neno/a.
  • De ser o caso, informe médico sobre alertas e intolerancias.
  • Calquera outra documentación que a escola requira en función das circunstancias particulares de cada caso.

Proxectos educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión