Dende o 07/07/2025 ata o 18/07/2025
O Concello abre, do 7 ao 18 de xullo, unha nova convocatoria de prazas para a Rede de Escolas Infantís Municipais.
Unha vez que finalizou o período de matrícula ordinaria para o curso 2025/26, O Concello da Coruña abre, do 7 ao 18 de xullo (ambos os días incluídos) unha convocatoria extraordinaria que permitirá solicitar as prazas vacantes dispoñibles en sete das oito escolas que forman parte da Rede de Escolas Infantís (a EIM A Caracola non dispón de prazas vacantes).
Tras o peche do prazo, publicaranse as listaxes de solicitudes, completas incompletas e excluídas o día 31 de xullo.
Máis información sobre o proceso de admisión na REIM: Proceso de admisión
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible