Dende o 04/02/2022 ata o 03/06/2022
Xa rematou
Todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano
Programa ao que pertence
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.
No presente curso 2021/2022 e debido á incerteza xerada pola evolución da pandemia do coronavirus, ademais da programación que se presenta ata decembro de 2021, realízase unha nova proposta para a primavera de 2022.
Os espectáculos dirixidos a educación infantil e educación primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18.00 h; e os dirixidos a educación secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 20.30 h, excepto "Feirantes", "Pantasmas familiares" e "Historias de arrepíos".
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible