Dende o 19/01/2026 ata o 27/02/2026
Para os centros de fóra do municipio, o prazo de inscrición abrirase o día 21 de xaneiro.
TODO PÚBLICO Primavera 2026 - programa para ESO e Bacharelato (755 KB)
O IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) ofrece aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar.
O programa Todo público. Teatro para centros escolares 2025-26 (Primavera) , dirixido a alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, abre, o día 19 de xaneiro (21 de xaneiro para os centros de fóra do municipio), o prazo de inscrición para que os centros interesados poidan inscribirse na oferta de primavera de 2026.
A inscrición pódese realizar a través da ficha do programa, adxudicándose as prazas automaticamente por rigorosa orde de petición. Se houbese máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha lista de espera para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.
Máis información na páxina do programa: Todo público. Teatro para centros escolares 2025-26 (Primavera)
Programa ao que pertence
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible