Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
V Intercambio Escolar Eixo Atlántico : estancia do alumnado de Guimaraes na Coruña
Cando:
Dende o 21/04/2026 ata o 23/04/2026
Xa rematou
O alumnado de 6.º curso de educación primaria visitará a cidade os días 21, 22 e 23 de abril.
Alumnado do grupo de 6.º curso de educación primaria do Agrupamento de Escolas Abel Salazar de Guimaraes visitará a cidade os días 21, 22 e 23 de abril, como parte do "V Intercambio Escolar Eixo Atlántico", un programa que busca facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, darlle a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo dun municipio portugués, neste caso a cidade de Guimaraes.
Programación de actividades
O programa de actividades será o seguinte:
Martes 21 de abril
11.30 a 12.00 horas - Recepeción no hotel: descarga de maletas e traslado ao CEIP de Prácticas.
12.00 a 13.30 horas - Recepción no centro educativo.
14.00 a 15.30 horas - Recepción hotel: check-in, repartición de habitacións e comida.
16.00 a 17.00 horas - Actividade no centro educativo: obradoiro de elaboración máscara Picasso.
17.30 a 19.00 horas - Visita ao Estadio de Riazor e ao museo do Real Club Deportivo da Coruña.
A partir das 20.30 horas - Cea no hotel.
Mércores 22 de abril
7.30 a 8.30 horas - Almorzo no hotel.
9.00 a 10.00 horas - Actividade no centro educativo: máscaras de Picasso.
10.30 a 12.00 horas - Itinerario polo porto.
12.15 a 13.30 horas - Itinerario Pablo Picasso.
14.00 a 15.45 horas - Comida no hotel.
16.15 a 17.00 horas - Recepción municipal (16.30 horas) pola conselleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz Romeu.
17.30 a 18.00 horas - Visita ao Monte de San Pedro.
A partir das 20.30 horas - Cea no hotel
Xoves 23 de abril
7.30 a 8.30 horas - Recollida das habitacións e almorzo.
9.00 a 13.30 horas - Actividades no centro educativo: horto escolar, obradoiros de robótica e cociña e xogos populares.
Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Guimarães.
Os intercambios escolares terán lugar durante 3 días nos meses de abril e/ou maio de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible