31 de outubro de 2025
Ábrese un prazo de dez días hábiles, do 3 ao 14 de novembro, para que, nos casos en que corresponda, póidase emendar a documentación presentada.
Tras a revisión da documentación presentada, o Concello da Coruña publica hoxe, venres 31 de outubro de 2025, as relación de solicitudes completas, incompletas e excluídas da convocatoria extraordinaria de setembro da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.
Ante esta listaxe ábrese un prazo de 10 días hábiles (do 3 ao 14 de novembro), para que, nos casos en que corresponda, póidase emendar a documentación presentada. A documentación deberase presentar por rexistro, indicando o IDE da solicitude.
As listas están dispoñibles para a súa consulta na páxina da web de Educación do Concello coa información sobre o Proceso de admisión na REIM .
Cabe destacar que esta relación non é definitiva e, por tanto, non supón en ningún caso adxudicación de praza.
Calendario do proceso de admisión (convocatoria extraordinaria de setembro)
Unha vez finalizado o prazo de alegacións, publicaranse as listas provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera, o venres 28 de novembro de 2025.
O calendario completo do proceso é o seguinte:
| |
| |
| Prazo de corrección de documentación | Do 3 ao 14 de novembro |
| Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera | 28 de novembro |
| Prazo de alegacións | Do 1 ao 3 de decembro |
| Publicación de listaxes definitivas | 15 de decembro |
| Matrícula | Do 16 ao 18 de decembro |
Máis información sobre o proceso de admisión na páxina do Proceso de admisión na REIM .
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible