Este taller ten como obxectivo que o alumnado comprenda a importancia dunha alimentación saudable e sostible na contorna escolar, desenvolvendo hábitos responsables no consumo diario. Así mesmo, preténdese fomentar a adopción de prácticas alimentarias equilibradas e sostibles, promovendo a reflexión sobre as decisións que se toman na alimentación cotiá.
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este taller ten como obxectivo que o alumnado comprenda a importancia dunha alimentación saudable e sostible na contorna escolar, desenvolvendo hábitos responsables no consumo diario. Así mesmo, preténdese fomentar a adopción de prácticas alimentarias equilibradas e sostibles, promovendo a reflexión sobre as decisións que se toman na alimentación cotiá.
Alumnado de EI e EP
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este taller permítelle ao alumnado adquirir hábitos de alimentación saudable e sostible adaptados á contorna escolar, favorecendo a reflexión sobre a elección de alimentos e o seu impacto na saúde e o medio ambiente. Contribúe ao desenvolvemento da educación para a saúde e a sostibilidade, promovendo condutas responsables no consumo diario.
Relaciónase directamente cos obxectivos curriculares vinculados á educación para a saúde, os hábitos de vida saudables e a educación ambiental, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 18 98 20
Fax: 981 18 98 21
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina Web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do Programa: Lida Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible