Análise de produtos de comercio xusto e reflexión sobre o seu impacto.
Consumo
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado coñeza o comercio xusto e valore a súa importancia na equidade social e económica.
Alumnado de EP, ESO e BACH.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado coñecer os principios do comercio xusto e o seu impacto na equidade social e económica a nivel global e favorece o desenvolvemento do pensamento crítico.
Contribúe á educación en valores, a cidadanía global e a sustentabilidade, en coherencia cos obxectivos curriculares relacionados coa xustiza social e o consumo responsable. Así mesmo, reforza as competencias clave, especialmente a competencia cidadá e social.
Ver as condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8, A Coruña 15006
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible