Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cosmética natural e consumo consciente de produtos de hixiene 2026-27

O alumnado analizará distintos produtos de hixiene e cosmética, identificando os seus compoñentes, etiquetaxe e impacto. A través de actividades prácticas e reflexión, traballaranse aspectos como o uso responsable, a elección informada e a procura de alternativas máis respectuosas coa saúde e o medio ambiente.

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Este taller ten como obxectivo que o alumnado coñeza os produtos de hixiene e cosmética desde unha perspectiva crítica, comprendendo o seu impacto na saúde e no medio ambiente. Ademais, preténdese fomentar hábitos de consumo responsable, promovendo a elección consciente de produtos e o uso adecuado dos mesmos.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH E FP.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Este taller permítelle ao alumnado analizar os produtos de hixiene e cosmética en relación coa súa composición, uso e efectos, favorecendo a comprensión do seu impacto na saúde e na contorna. Promove a reflexión sobre os hábitos de consumo cotián e a necesidade de adoptar prácticas máis responsables e sostibles.

Contribúe ao desenvolvemento de actitudes de consumo consciente, fomentando a elección informada de produtos, a redución do uso innecesario e a consideración de alternativas máis sostibles, en coherencia cos obxectivos curriculares vinculados á educación para a saúde, a sostibilidade e a educación en valores.

Máis información:

Ver as condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Tel.: 981 18 98 20

omic@coruna.es

ww.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión