Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Praza monumental

Itinerario: Galerías da Mariña - praza de María Pita - Pazo Municipal

Itinerario Smart: posibilidade de acceder de maneira virtual ao interior do concello a través da páxina web artealdescubierto.coruna.es.

Inicio: as persoas participantes apearanse do transporte na parada de autobuses de Porta Real.

Final: o transporte recollerá as/os participantes na parada de autobuses de Porta Real.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Coñecer a historia e as diferentes peculiaridades de espazos singulares da cidade como a praza de María Pita ou as galerías da Mariña valorando o patrimonio artístico que as rodea, así como o seu principal edificio, o Pazo Municipal.
  • Recoñecer espazos singulares da nosa cidade que nos fan coñecidos noutros lugares.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de ESO

Cando:

Véxanse as condicións xerais do programa

Inscricións:

Véxanse as condicións xerais do programa

En pleno século XIX a cidade comeza a transformarse. Os comerciantes máis adiñeirados chegan ao poder municipal e comezan a producirse modificacións que afectarán non só ao ámbito social, senón tamén ao ámbito urbanístico.

Un novo espazo transfórmase para adoptar a imaxe que hoxe en día podemos contemplar nas galerías da Mariña e na praza de María Pita.

Metodoloxía

A través dun caderno de actividades, as/os escolares deberán observar as diferentes peculiaridades da praza de María Pita, así como as características da fachada do Concello, facendo especial fincapé na observación como ferramenta imprescindible para o descubrimento.

Competencia: cultural-artística

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios

Desenvolvemento

  • Parada 1: as Galerías da Mariña
  • Parada 2: praza de María Pita, algo máis que unha praza. A unión de dúas cidades
  • Parada 3: Pazo Municipal, a decoración e o simbolismo exterior

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión