Desde a Sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, seguindo as lineas marcadas pola Axenda 2030 de obxectivos de desenvolvemento sustentable establecidos pola ONU, estamos a traballar dous obxectivos educativos: a seguridade viaria e a mobilidade sustentable, dous contidos inseparables.
Este é o enfoque que teñen os países con menor accidentalidade na estrada e maior calidade ambiental.
Policía Local
Complementaria
Só da Coruña
Alumnado de 4º a 6º de EP, ESO e BACH
Dende o 01/10/2026 ata o 11/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Inscrición centros
De 09.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos.
Tempo de duración das actividades:
A mobilidade ten sen dúbida un valor positivo, pero tamén ten unha carga negativa: os accidentes de tráfico e a contaminación; esta última provoca máis de 16.000 mortes prematuras ao ano.
Os Policías Locais estamos especialmente sensibilizados con estes problemas e levamos máis de 30 anos dedicando esforzos a educar a escolares de diferentes idades, cunha visión da Educación Viaria integral, inicial e permanente.
Coa intención de que A Coruña convértase nunha cidade máis amable co medio, máis segura e máis saudable, ofertamos esta actividade en bicicleta que ten ademais o obxectivo de mesturar a educación viaria e os contidos escolares.
Actividades
As actividades están organizadas en 2 sesións:
1ª SESIÓN: As estacións da bicicleta.
No ximnasio do centro organízanse tres talleres polos que vai rotando o alumnado.
2ª SESIÓN: Saídas en bicicleta
As saídas en bicicleta teñen como obxectivo dar a coñecer lugares emblemáticos da cidade e compartir retrincos da historia da nosa cidade mentres visitamos puntos de interese escolar como o Castelo de San Antón, o Paseo Marítimo, o Dique de Abrigo, a Escola de Belas Artes ou o Parque Escultórico da Torre de Hércules, entre outros.
Servizo Municipal de Policía Local
Inspector Principal. Coordinador de Educación Viaria
Tel.: 981 184 200 Ext.: 13008
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible