Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xestión doméstica sostible: enerxía, auga e residuos 2026-27

O alumnado analizará o consumo de recursos no fogar identificando prácticas habituais relacionadas co uso da enerxía, a auga e a xestión de residuos. A través de actividades prácticas e dinámicas participativas, traballaranse estratexias para mellorar a eficiencia, reducir o consumo e adoptar hábitos máis sustentables na vida diaria.

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado comprenda a importancia dunha xestión sustentable dos recursos no fogar e que desenvolva hábitos responsables no consumo de enerxía, auga e na xeración de residuos. Así mesmo, preténdese fomentar a adopción de prácticas que reduzan o impacto ambiental e favorezan un uso eficiente dos recursos.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH E FP.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Este obradoiro permítelle ao alumnado analizar o consumo de recursos no ámbito doméstico e comprender o seu impacto ambiental, económico e social. Favorece a reflexión sobre os hábitos cotiáns e a necesidade de adoptar prácticas máis sustentables na xestión da auga, a enerxía e os residuos.

Contribúe ao desenvolvemento de actitudes de consumo responsable e sustentable e promove a eficiencia no uso dos recursos, a redución de residuos e a adopción de boas prácticas no fogar, en coherencia cos obxectivos curriculares vinculados á sustentabilidade, á educación ambiental e á economía doméstica.

Máis información:

Ver as condicións xerais do programa: Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa da Palloza, 8, A Coruña, 15006

Tel.: 981 189 820

omic@coruna.es

ww.coruna.es/omic

Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión