Concello da Coruña

Concello da Coruña

A ruta da auga 2025-26

Programa de educación ambiental que busca concienciar sobre a importancia da auga, promover o seu uso responsable e dar a coñecer o percorrido que segue na cidade desde a súa captación ata a súa devolución ao medio natural.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EI, 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no sistema urbano actual.
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o seu aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se utiliza na cidade, desde a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc.

De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. ¿Como utilizamos este recurso? ¿Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

Estrutura

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: Os agochos da auga (5º e 6º de EI)

  • Charla interactiva (1 hora): Conto "Os agochos da auga".
  • Taller (1 hora): Móbil dos agochos da auga.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): "Tras as pegadas da auga" (Percorrido polo río Mero ou marxes do encoro de Cecebre).

Módulo 2: O río que dá vida (3º e 4º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): O nacemento da auga: vida e recurso.
  • Taller (1 hora): Xogo "río en equilibrio".
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): "Camiñando xunto á auga" (Percorrido polo río Mero).

Módulo 3: Do río á billa, o viaxe da auga que usamos (5º e 6º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): ¿Como chega a auga ata aquí?
  • Taller (1 hora): O xogo da auga limpa.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Potabilizadora da Telva e río Mero.

Módulo 4: Pechar o ciclo, a auga que volve á natureza (1º e 2º de ESO)

  • Charla interactiva (1 hora): Uso e volta: a viaxe completa da auga.
  • Taller (1 hora): Xogo "decisións para unha auga sustentable".
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 hora): A EDAR de Bens, o final da viaxe.

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado.
  • Manual do alumnado.

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2025-2026.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión