Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arte e cultura no centro 2026-27

O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abanico de actividades artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal, o teatro ou as artes plásticas, os participantes exploran a súa creatividade, desenvolven habilidades emocionais e comunicativas e descobren distintas formas de expresión persoal.

Todo isto nunha contorna lúdica, participativo e respectuoso, onde o importante é experimentar, crear e gozar da cultura desde a infancia.

O programa organízase a través de .. Obradoiros

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros públicos do municipio da Coruña.

A oferta de actividades exponse en función do seguintes tres tramos de idade.

  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Infantil.
  • 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.
  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

Horario:

De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, en días alternos, entre as 16:00 e as 18:00h.

"MANS QUE FALAN!" ofrécese nunha única sesión de 1 hora semanal.

Prezo / Custo:

Cota mensual: 10€ por cada taller

As cotas do taller "Mans que falan" será de 5 €.

OBRADOIROS

A través do xogo e a experimentación, buscamos espertar o interese e desenvolver diversas habilidades culturais e sociais. Cada taller ten un enfoque único, pero todos comparten o obxectivo de aprender e socializar dunha maneira divertida e enriquecedora, combinando diferentes áreas de Arte e Cultura. Todo isto nunha contorna lúdica, participativo e respectuoso, onde o importante é experimentar, crear e gozar.

CONTIDOS

Actividades culturais e artísticas como o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc., para todos os niveis:

E. INFANTIL

4º,5º e 6º CURSOS

PRIMARIA

1º, 2º e 3º CURSOS

PRIMARIA

4º, 5º e 6º CURSOS

TEATREIROS

Xogo dramático

EN ESCENA

Dramatización

COMEDIANTES

Teatro. Monólogos

COMECOCOS

Xogos de Lóxica Matemática

XENIOS

Lóxica Matemática

ESCAPE ROOM

Pensamento Lóxico-Matemático

EUREKA!

Ciencia Divertida

ABRACADABRA!

Ciencia e Maxia

ESCOLA DE MAXIA

Matemáticas, Ciencia e Maxia

MANITAS

Expresión plástica e

manualidades

DESEÑO DE SEU

Expresión plástica e

creatividade

RECREARCHE

Expresión plástica e

creatividade

ENREDADOS 1 (*)

Novas Tecnoloxías

ENREDADOS 2 (*)

Novas Tecnoloxías

MANS QUE FALAN 1

Lingua de signos

MANS QUE FALAN 2

Lingua de signos

MANS QUE FALAN 3

Lingua de signos

(*) A viabilidade do taller "ENREDADOS" está condicionado a que o centro educativo poña a disposición ou ceda os medios tecnolóxicos necesarios para poder levalo a cabo.

Poderanse solicitar outros talleres e a Federación Provincial de ANPAS avaliará ditas propostas para decidir a súa realización.

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

A oferta de programas e a selección de actividades de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da Federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.

A Federación de Anpas valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:

  1. Non se consiga o número mínimo de participantes.
  2. Se carecza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.
  3. Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

As prazas adxudicásense por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.

Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

  • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicarase o protocolo disciplinario correspondente.
  • A falta de asistencia continuada sen xustificación poderá supoñer a expulsión do programa sen dereito a devolución da cota abonada. Esa vacante poderá ser ocupada por outro escolar que a necesite por estar en listaxe de espera.
  • Unha vez comezado o programa, se algún grupo xa formado queda por baixo do ratio mínimo establecido por falta de asistencia dos participantes, non podería continuar, quedando suspendida esa actividade.
  • Se una mesma actividade, para un mesmo tramo de idade, ofértase en dúas franxas horarias diferentes, o participante só poderá escoller unha desas dúas franxas horarias.
  • As actividades solicitadas escolleranse entre a oferta de actividades proposta polo ANPA de cada centro.
  • ALTAS, BAIXAS E CAMBIOS DE ACTIVIDADE: As solicitudesd deberán facerse por escrito vía correo electrónico actividades @fedapascoruna.org, ata o día 20 do mes anterior

As altas novas e cambios de actividade quedarán supeditadas á existencia de prazas na actividade nova solicitada e ao criterio técnico.

As solicitudes de baixa fóra de prazo implicarán o abono da cota na forma habitual.

No caso de devolución da cota, os gastos derivados da xestión bancaria engadiranse na cota para abonar.

A falta de pagamento da cota entenderase como baixa na actividade. Non se poderá acceder a outras actividades ou programas ata estar ao corrente do devandito pago.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 01/07/2026 ata o 13/09/2026

A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Non se considerarán válidas:

  1. As inscricións en dúas actividades que coincidan no mesmo horario.
  2. As inscricións na mesma actividade ofrecida en dous horarios distintos para o mesmo grupo de idade.

Inclusión de alumnado con necesidades específicas

Deberá indicarse na solicidud de inscrición o tipo de necesidade educativa, se ten diagnóstico ou se precisa atención individualizada.

A Federación Provincial de Anpas valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.

Contacto:

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002

actividades@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 10127

Requisitos:

O número mínimo de participantes para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:

  • Con liña 1: 8 participantes; e 7 nos centros de menos de 100 alumnos/as matriculados/as
  • Con liña 2: 9 participantes.
  • Con liña 3: 10 participantes

Ratios máximas por grupo:

  • Educación Infantil: ata 12 participantes.
  • Educación Primaria: ata 15 participantes.

Estas poderán ratios adaptarse tendo en conta o criterio técnico e a información das Anpas.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización de talleres e proxectos do programa.

Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Recursos humanos:

Cada grupo que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.

Organiza:

Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña.

Os denominados "Programas de lecer educativo" están deseñados para realizarse nos centros educativos coa cooperación dos equipos directivos e as ANPAS.

Documentos:

Proposta de Lecer Educativo. Curso 2026-2027 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión