Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas CANADÁ 2022-23

Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4.º de ESO durante o curso 2021/22 e que estean en condicións de cursar 1.º de Bacharelato durante o curso 2022/23.

O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

REQUISITOS

  • Residir e estar empadroado no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou a súa nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude
  • Estar matriculado e cursando 4º da ESO no curso escolar 2021-22 nun centro da cidade da Coruña
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés)
  • Dar o consentimento, tanto o menor como os seus proxenitores ou titores legais, no seu caso, para participar no programa e aceptar as bases que o regulan

TIPO DE BOLSA

Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000,00 € anuais de renda per cápita. O cálculo da renda efectuarase segundo establécese nas bases.

Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 5 % do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000,00 € anuais per cápita.

DIÑEIRO DE PETO

As persoas seleccionadas dispoñerán como mínimo de 50 €/mensuais como diñeiro de peto para os seus gastos persoais.

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

    • Fotocopia do DOI (carné de identidade, pasaporte...) do solicitante e dos proxenitores ou representantes legais, no seu caso. As persoas que resulten seleccionadas como bolseiras deberán de dispoñer de pasaporte español no momento da tramitación do visado.
    • Resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña, no que se acepta participar no programa e as bases que o regulan. este documento debe de estar asinado pola persoa solicitante e os seus proxenitores ou representante legal.
    • Certificado académico das cualificacións correspondentes a 3º da ESO do curso académico 2020-21.
    • Certificado de matrícula do curso 2021-22 onde conste nome da persoa solicitante, datos do centro e curso no que estea matriculada.
    • Se for o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo oficial competente na materia, acreditativo do grao de minusvalía da persoa solicitante da bolsa.
    • Se for o caso, documentación acreditativa da existencia de casos de violencia de xénero na unidade de convivencia, de conformidade co artigo 5 dá Lei 11/2007, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
    • No caso de que non se autorice na solicitude a consulta de datos tributarios,deberán achegar certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (en adiantes AEAT) das declaracións de IRPF individuais de ambos os proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2020, emitidas e datadas no mes de xullo, ou posterior, de 2021.
    • No suposto de familias monoparentais, achegarase acreditación documental das circunstancias familiares, tales como: título de familia monoparental, sentenza de divorcio e convenio regulador onde conste o relativo á custodia do menor, certificado de defunción (no caso de viudedaz) e libro de familia ou documento análogo que acredite o estado civil dos membros da unidade de convivencia.
    • Cando se teña acordada pensión de alimentos, ou exista dereito a ela, deberá achegarse, a resolución xudicial máis recente que a estableza. No caso de que exista incumprimento total ou parcial do abono da pensión deberá achegarse copia da admisión a trámite da demanda de execución ou da denuncia presentada.

    MÁIS INFORMACIÓN (SEDE ELECTRÓNICA)

    REXISTROS MUNICIPAIS

    /sede/gl/axuda/soporte/oficinas-de-rexistro

    SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA CORUÑA

    /sede/gl

    Unha vez na sede, hai que acceder á apartado "achega de documentación e/ou alegacións".

    /sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/achega-de-documentacion-e-ou-alegacions-a-un-expediente/contido/1453748708796

    Cando:

    Dende o 01/08/2022 ata o 30/06/2023

    A estancia en Canadá comezará en agosto de 2022 e finalizará en xuño de 2023 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

    Xa rematou

    Inscricións:

    Dende o 25/02/2022 ata o 11/03/2022

    A ficha de inscrición abrirase ao día seguinte da publicación das basese do programa no BOP da Coruña.

    Nota: a publicación no BOP está pendente neste momento, actualizaremos a información cando se produza.

    Inscrición alumnado

    • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na web a través da ficha específica
    • Unha vez feita a inscrición, o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso de selección
    • A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña, deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
    • AVISO: as persoas que se presentaron con anterioridade á convocatoria do programa BOLSAS USA 2022-23 e que presentasen por rexistro a documentación requirida para a baremación da solicitude, poderán dar a súa consentimineto, a través da ficha de inscrición on-line de BOLSAS CANADÁ 2022-23, para que o Concello dea traslado da devandita documentación ao novo expediente. Nestes casos, para ser admitidos, si que terán que presentar por rexistro o xustificante que acredite a inscrición no programa a través da ficha específica de BOLSAS CANADÁ 2022-23, o cal debe estar asinado pola persoa interesada e os seus proxenitores.

    Contacto:

    Servizo municipal de Educación

    Tel. 981 184 200

    educacion@coruna.es

    Avenida da Mariña 18, 2.º 15001 A Coruña

    Documentos relacionados

    • Lista provisional das Bolsas Canadá 2022-2023 (243 KB)
    • Bolsas Canadá 2022-2023: lista de persoas admitidas e non admitidas (646 KB)
    • BOP: Basees Bolsas Canadá (127 KB)
    • Cartel Bolsas Canadá 2022-23 (183 KB)
    • Info Bolsas Canadá (1 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión