Programa mediante o cal se lle ofrece ao alumnado de 4.º da ESO empadroado no Concello da Coruña a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1.º de bacharelato) no Canadá.
Só da Coruña
Educación
Outras
Privado, Público, Concertado
Alumnado empadroado no Concello da Coruña que estea cursando 4.º da ESO durante o curso 2026/2027 e que estea en condicións de cursar 1.º de bacharelato durante o curso 2027/2028.
O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa, así como un coñecemento real doutra cultura.
Contía e tipo de bolsa
O crédito total consignado para esta convocatoria é de 648.723,11 €. O custo/praza será o resultado de dividir o total do crédito destinado ao programa entre o total de prazas ofertadas pola empresa adxudicataria do contrato de xestión do programa.
A participación no programa de Bolsas Norteamérica 2026-2027 non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias, en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan, establecendo dous tipos de bolsa:
Diñeiro de peto
As persoas seleccionadas dispoñerán de 120 € mensuais como diñeiro de peto para os seus gastos persoais.
Criterios de baremación
Documentación a presentar
Presentación da documentación
A documentación complementaria do expediente (ver apartado 9 das bases) e o xustificante de confirmación da inscrición on-line, debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais, teñen que presentarse por rexistro para optar á bolsa.
O nome da persoa que debe de aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o da menor que solicita a bolsa.
O impreso municipal para a presentación da solicitude por rexistro é o Mod 001 solicitude xeral: https://sede.coruna.gal/descarga/1150716275584/mod001_Solicitude_xeral_campos-2.pdf
Os rexistros municipais facilitan copia dos mesmos (está dispoñible na sede electrónica).
A presentación da documentación pode facerse:
Obrigacións das persoas beneficiarias
O alumnado seleccionado está obrigado a:
Publicidade e transparencia
A selección do alumnado participante realizarase por parte do Concello en réxime de concorrencia competitiva. Esta selección efectúase de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade e non discriminación, aplicando os criterios de valoración fixados nas bases.
O procedemento para a selección do alumnado iniciarase de oficio mediante a correspondente convocatoria aprobada polo órgano competente do Concello e estará publicado en:
A estadía no Canadá comezará en agosto ou setembro de 2027 e finalizará en xuño do 2028 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.
Datas por determinar.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:
Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible