Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles. Verán 2026

A Federación Provincial de ANPAS en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de Campacole "", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Escolares de Educación Infantil e Primaria matriculados/as nos CEIPs do Concello da Coruña no actual curso 2025/2026.

Horario:

Os campamentos realizaranse de luns a venres, excepto festivos, de 10:00 a 14:00h. e cos seguintes horarios segundo outros servizos:

  • Só campamento: de luns a venres, de 10:00 a 14:00h.
  • Madrugadores: de luns a venres, de 8:30 a 10:00h.
  • Comedor: de luns a venres, de 14:00 a 15:30h. (podendo saír desde as 15:00h.)

Prezo / Custo:

COTAS DE INSCRICIÓN E SERVIZOS POR QUENDA (por confirmar)

  • Campacole: 40,00 €
  • Madrugadores sen almorzo: 20,00 €
  • Madrugadores con almorzo: 36,00 €
  • Comedor: 60,00 €

As persoas solicitante e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2024/2025, terán unha bonificación do 50% de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, abonaranse na súa totalidade.

SEGURO DE ACCIDENTES: 5€

Estarán exentos/as do pago do seguro de accidentes aquelas persoas solicitantes matriculadas en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2025/2026 ("Coxegas", "Deporte no Centro", "Arte e Cultura no Centro" e "Idiomas no Centro").

MODO DE ABONO: A cota correspondente abonarase mediante transferencia a favor da Federación Provincial de Anpas: ES37 2100 6359 5802 0006 1816

No caso de non realizarse o pago nos prazos establecidos, a praza quedará vacante, para a súa xestión na listaxe de espera.

As actividades programadas terán un carácter multidisciplinar, con propostas que irán desde a animación á lectura ata os xogos e deportes, pasando polos xogos de enxeño, actividades musicais, teatrais, etc.

Como o curso paado, haberá 1 hora diaria de INGLÉS para cada grupo, dentro da propia programación do Campacole.

Todas estas propostas virarán ao redor de uno mesmo fío condutor ou TEMÁTICA en cada quenda (por determinar)

LUGARES DE REALIZACIÓN

En varios CEIP da cidade (por determinar)

NÚMERO DE PRAZAS

3 grupos de 15 escolares por sede e quenda.

Terán preferencia, ata un 33% das prazas por quenda, o alumnado que estea matriculado no centro que é sede do campamento

Cando:

Dende o 22/06/2026 ata o 31/07/2025

Xa rematou

Inscricións:

CALENDARIO DE SOLICITUDE, ADJUDICACION E ABONO (por determinar)

  • Prazo de solicitude:
  • Publicación das listas provisionais:
  • Corrección/Reclamacións:
  • Sorteo de prazas:
  • Publicación das listas de persoas admitidas:
  • Inscrición e pago:
  • Lista de espera:

Contacto:

Federación Provincial ANPAS de centros públicos

C/ Orzán, 21 - 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503

campacoles@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

T: 981 184 200 ext: 10179

Requisitos:

1. Poderase solicitar por orde de preferencia ata 3 quendas.

2. A cada solicitante asignarase un número correlativo segundo o momento da inscrición.

3. En caso de irmáns tomarase como referencia o número de adxudicación do que se inscriba en primeiro lugar.

4. A adxudicación de prazas farase empezando polo número agraciado e seguirase cos números inmediatamente correlativos. De chegar ao final da listaxe numérica sen esgotar as prazas dispoñibles, continuarase polo primeiro número inscrito.

5. Ademais do número, para a adxudicación terase en conta a orde de preferencia da quenda solicitada e as prazas dispoñibles na mesma

6. Na ficha de inscrición detallaranse a autorización ou non do uso da imaxe, se ten algunha alexia alimentaria, se padece algunha doenza que impida a realización de actividade física e se precisa algún tipo de atención individualizada.

7. Os grupos de madrugadores e comedor só formaranse cun mínimo de 10 participantes inscritos.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Recursos humanos:

Cada grupo que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.

Organiza:

Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.

Máis información:

INSCRICIÓN: A través da ficha na web www.fedapascoruna.org/inscripciones

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS (provisionais e definitivas): na web municipal www.coruna.gal , no 010 e na web da federación de Anpas: www.fedapascoruna.org

Máis información sobre os Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2026:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión