Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de Drones 2025-26

Sesións de formación e de familiarización no manexo de drones para posteriormente participar nun concurso a nivel autonómico.

Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora, así como de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación de Droneblocks e do dron Tello.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis, agrupados en dúas categorías:

  • Categoría A :de 1º a 3º de ESO.
  • Categoría B: 4º de ESO, BACH e FP de grao medio.

Teñen preferencia os centros inscritos no "Taller e Concurso de Robótica" ( XVI Taller y concurso gallego de robótica. La magia de la robótica 2025-26 ).

Horario:

As datas de realización son o 10 e 11 de novembro de 2025, en dúas quendas: de 16:30 a 17:45 h. e de 17:45 a 19:00 h.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

  • Desenvolver o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento lóxico (eventos, secuencias, bucles, variables, funcións, condicionais...), como sitema de resolución de problemas.
  • Desenvolver o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativo.
  • Mellorar a orientación e visualización espacial.

Concederanse premios de 100€. Un por cada categoría e outro ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Un centro non poderá levar máis dun premio. O grupo de alumnos/as concursará pola categoría máis alta, se no mesmo equipo os participantes son de distinta categoría.

A data de entrega de premios está por determinar, realizarase conxuntamente cos premios do concurso de Robótica ( XVI Taller y concurso gallego de robótica. La magia de la robótica 2025-26 ).

A actividade realizarase nun lugar por determinar.

Cando:

Dende o 10/11/2025 ata o 11/11/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2025 ata o 31/10/2025

Os centros participantes deberán anotarse a través da ficha de solicitude de IGACIENCIA (desde o 1 de outubro ata o 31 de outubro).

Prazos de inscrición na ficha de IGACIENCIA:

  • Do 1/10/2025, ás 10 h, ao 10/10/2025, para os centros do Concello da Coruña:
    • 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drones, de ter interese en participar tamén nesta actividade.
  • Do 13/10/2025, ás 10 h, ao 24/10/2025, para os centros de fóra do Concello da Coruña, coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
  • Do 27/10/2025, ás 10 h, ao 31/10/2025, se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou equipo en drones. Tamén terán opción de inscribir un equipo en Drones calquera centro, aínda que non estea inscrito en Robótica.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 ext. 10911

educacion@coruna.gal

Requisitos:

Os equipos estarán formados por 3 membros.

Non é precisa unha formación previa pero solicitarase que se visualice previamente o seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg

Organiza:

Enderezo:

Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión