Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias, arte e ciencia 2026: Juan Gris - Exposición

A exposición Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Preferentemente, alumnado de ESO, BACH e FP de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Horario:

Desde o 26/01/2026 ata o 30/01/2026:

  • Visitas e talleres para os centros educativos de dúas horas de duración. Horarios:
    • De 09:15 a 11:15
    • De 10:45 a 12:45
    • De 12:15 a 14:15
  • Parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15:00 a 21:00 h.

Prezo / Custo:

Gratuito.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento o compoñente didáctico e divulgativo para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os aspectos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras. Para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

Nesta ocasión a viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos para terminar con obras de arte dixital 3D, de Manuel Díaz Regueiro, seleccionadas e expostas en 15 congresos internacionais de arte e matemáticas.

Estrutura e composición da proposta para 2026:

  • Presentación animada sobre o uso das matemáticas no método compositivo e o uso da cor por Juan Gris. Relación entre o Cubismo e a teoría da relatividade.
  • Parte expositiva:
    • Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análises.
    • Obras de arte dixital impresas en 3D de Manuel Díaz.
  • Talleres. En función das características do grupo, desenvólvense algúns dos seguintes talleres para implementar a parte expositiva:
    • Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
      • Simetrías 2D (libros de espellos, escritura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías).
      • Simetrías 3D (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos...).
    • Tramas e ilusións ópticas.
    • Espirais de Fibonacci.
    • Topología. Cordas topológicas e banda de Möebius.
    • Creando e interpretando mosaicos: xogo de Alhambra, tipo Escher, de Penrose.
    • Grupos. Dun poliedro ou dunha figura plana.
    • Zome. Polidrones. Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D...
    • Os poliedros na arte.

Cando:

Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026

Las fechas pueden sufrir modificaciones por temas de organización.

    Inscricións:

    Dende o 15/12/2025 ata o 19/01/2026

    Ficha de solicitude específica:

    Realizarase a través dun formulario na web: http://www.igaciencia.eu

    • Prazo de inscrición para os centros educativos do Concello da Coruña (un grupo por centro): do 8/12/2025 (ás 10:00h) ao 12/12/2025 (ás 14:00h).
    • Prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos (un grupo por centro): do 15/12/2025 (ás 10:00h) ao 19/12/2025 ás 14:00 h).
    • No caso de que non se cubran todos os grupos, os centros de calquera concello poden inscribir un segundo grupo: do 12/01/2026 (ás 10:00h) ao 19/01/2026 (ás 14:00h).

    Contacto:

    IGACIENCIA

    Inés Ben

    secretaria@igaciencia.org

    Servizo Municipal de Educación

    Tel. 981 184 200 ext. 10911

    educacion@coruna.gal

    Requisitos:

    • Un máximo de 40 alumnos/as por sesión.
    • Un grupo por centro, acompañados por 1 docente. E se quedan prazas libres, un segundo grupo por centro.

    Organiza:

    IGACIENCIA e Servizo Municipal de Educación

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

    Máis información:

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión