COXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos. Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábirtos e normas de convivencia e foméntase o desenvolvemento integral e a creatividade.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria de centros públicos do municipio da Coruña .
Esta oferta de actividades exponse en función dos seguintes tramos de idade:
De luns a venres, de 16:00 a 17:00 h. ou
de luns a venres, de 16:00 a 18:00 h.
O horario de asistencia neste programa será o elixido por cada participante no formulario de inscrición.
Non haberá opción de incorporarse á actividade ás 17:00 h.
25 € por participante.
Todos os escolares inscritos abonarán unha única cota anual de 5€ en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2024/2025.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2025/2026, terá un desconto do 50% da cota.
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, etc. baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura ao longo das 3 semanas de duración do programa.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A oferta de de Cóxegas cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da Federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.
A Federación de Anpas valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:
1.Non se consiga o número mínimo de participantes.
2.Se careza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.
3.Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
As prazas adxudicásense por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.
Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Se a baixa é solicitada unha vez iniciada a actividade e fóra do prazo establecido, poderase solicitar a devolución proporcional da parte non gozada, tendo en conta o número de sesións restantes a partir da data de comunicación da baixa. Esta devolución efectuarase nun prazo de 30 días e poderá descontarse o custo de gastos fixos non recuperables directamente vinculados á inscrición.
Dende o 08/09/2025 ata o 30/09/2025
Xa rematou
Dende o 15/07/2025 ata o 02/09/2025
Inscrición on-line na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Para formalizar a inscrición, deberase facer o pago da cota por transferencia bancaria á conta da Federación de Anpas:ES37 2100 6359 5802 0006 1816
E subir o xustificante en Inscriciones "realizadas" no panel de familias, indicando como concepto: nome e apelidos do alumno/a e centro educativo.
INCLUSION DE ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Deberá indicarse na solicidud de inscrición.
A Federación Provincial de Anpa valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.
Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña
C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel. 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
Tel: 981 184 200 ext: 10179
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.
Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible