CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos.
Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, e participarán nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomenta o desenvolvemento integral e a creatividade.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de educación infantil e educación primaria de centros públicos do municipio da Coruña
Esta oferta de actividades formúlase en función dos seguintes tramos de idade:
De luns a venres, das 16.00 ás 17.00 h ou de luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h
O horario de asistencia neste programa será o elixido por cada participante no formulario de inscrición.
Non haberá opción de incorporarse á actividade ás 17.00 h.
25 € por participante.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de "Bolsa Comedor" para o curso 2026/2027, terá un desconto do 50% da cota.
É obrigatorio un SEGURO DE ACCIDENTES, cunha única cota anual de 5 €; que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionados pola Federación das ANPA no período lectivo do curso 2026/2027.
Este programa ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. As persoas participantes realizarán xogos, deportes e actividades lúdicas e participarán nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomenta o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A oferta de Cóxegas para cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de lecer da federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.
A Federación das ANPA valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
No caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo, as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Dende o 09/09/2026 ata o 30/09/2026
Dende o 01/07/2026 ata o 02/09/2026
Inscrición en liña na seguinte ligazón: https://app.fedapascoruna.org/login
Para formalizar a inscrición deberase facer o pago da cota por transferencia bancaria á conta: ES13 2080 0000 7730 4030 0141 (Titular de conta: Federación Provincial de ANPA de centros públicos de la coruña). O concepto será o nome e apelidos do alumno/a e o colexio.
Posteriormente, deberase subir o xustificante en Inscricións "realizadas" no panel de familias, indicando como concepto: nome e apelidos do alumno/a e centro educativo.
Inclusión de alumnado con necesiades específicas
Deberá indicarse na solicidude de inscrición o tipo de necesidade educativa, se ten diagnóstico, ou se necesita atención individualizada.
A Federación Provincial de ANPA valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.
Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos da Coruña
R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext.: 10127
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para realizar as actividades do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; agás aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten dunha persoa educadora de reforzo.
Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña.
Os denominados "Programas de lecer educativo" están deseñados para realizarse nos centros educativos coa cooperación dos equipos directivos e as ANPA.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible