O programa "Deporte no centro" promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de centros públicos do municipio da Coruña de Educación Infantil e Educación Primaria. Tamén poderá ter cabida o alumnado de centros públicos de ESO, Bacharelato e FP .
A oferta de actividades exponse en función dos seguintes tramos de idade:
De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos (luns-mércores e martes-xoves), sempre dentro da franxa horaria de 16:00 a 18:00 h.
Poderanse realizar as actividades "PEQUEXOGOS, XOGAPRO E XOGAMASTERS" só os venres (1 hora de duración).
O horario de cada actividade determínao o ANPA de cada centro educativo seguindo as directrices anteriores.
Cota mensual: 10€ por cada escola deportiva
As cotas de serán"Pequexogos, Xogapro e Xogamasters" de 5 €.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2026/2027, terá un desconto do 50% da cota.
É obrigatorio un SEGURO DE ACCIDENTES, cunha única cota anual de 5€; que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2026/2027.
Modalidades deportivas
Cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento do alumnado, fomentando o seu crecemento integral a través do xogo e o deporte.
En Educación Infantil:
As actividades céntranse en mellorar as habilidades motoras xerais mediante o xogo, axudando aos/as máis pequenos/as a desenvolver coordinación e movemento de maneira divertida e segura.
En Educación Primaria:
Nos primeiros cursos, enfocámonos na evolución natural dos xogos motores e en actividades rítmicas que combinan xogo e deporte. A medida que os/as escolares crecen, introdúcense actividades rítmicas que desenvolven coordinación e expresión corporal, deportes específicos adaptados ao seu nivel e xogos de mesa e xadrez para desenvolver habilidades estratéxicas.
En ESO:
As ANPAS dos IES poderán solicitar as mesmas modalidades deportivas propostas para o último tramo de Educación Primaria.
EDUCACIÓN INFANTIL | EDUCACIÓN PRIMARIA | |
4º, 5º e 6º | 1º, 2º e 3º | 4º, 5º e 6º EP ESO e BACHARELATO |
XOGOS E MOVEMENTO | RITMO | BAILE MODERNO |
XIMNASIA RÍTMICA | ||
PRE-ATLETISMO PRE-BALONCESTO PRE-BALONMÁN PRE-FÚTBOL PRE-HÓCKEY SALGA PRE-VOLEIBOL DEPORTES DE RAQUETA PREDEPORTE | ATLETISMO | |
BALONCESTO | ||
BALONMÁN | ||
FÚTBOL | ||
HOCKEY SALA | ||
VOLEIBOL | ||
DEPORTES DE RAQUETA | ||
MULTIDEPORTE | ||
XOGOS DE TABOLEIRO | PRE-XADREZ | XADREZ |
PRE-PATINAXE 1 (só para 5º e 6º cursos) | PRE-PATINAXE 2 PRE-HOCHEY SOBRE PATÍNS | PATINAXE ARTÍSTICA |
HOCKEY SOBRE PATÍNS | ||
XOGOS TRADICIONAIS 1 | XOGOS TRADICIONAIS 2 | DEPORTES ALTERNATIVOS |
PEQUEXOGOS (Torneos Deportivos) | XOGAPRO (Torneos Deportivos) | XOGAMASTERS (Torneos Deportivos) |
Poderanse solicitar outros deportes sempre que o centro teña as instalacións adecuadas. A Federación Provincial de ANPAS avaliará estas propostas para decidir a súa realización.
Metodoloxía
Baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que sentan a gusto na actividade.
Organización das actividades
A oferta de modalidades deportivas de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da Federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.
A Federación de Anpas valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:
Adxudicación de prazas
As prazas adxudicásense por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.
Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.
Condicións de participación
As altas novas e cambios de actividade quedarán supeditadas á existencia de prazas na actividade nova solicitada e ao criterio técnico.
As solicitudes de baixa fóra de prazo implicarán o abono da cota na forma habitual.
No caso de devolución da cota, os gastos derivados da xestión bancaria engadiranse na cota para abonar.
A falta de pagamento da cota entenderase como baixa na actividade. Non se poderá acceder a outras actividades ou programas ata estar ao corrente do devandito pago.
F
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 01/07/2026 ata o 13/09/2026
A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón www.fedapascoruna.org/inscripciones
Non se considerarán válidas:
As inscricións en dúas actividades que coincidan no mesmo horario.
Inclusión de alumnado con necesidades específicas
Deberá indicarse na solicidud de inscrición o tipo de necesidade educativa, se ten diagnóstico, ou se necesita atención individualizada.
A Federación Provincial de Anpa valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.
O ratio mínimo para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:
Ratios máximas por grupo:
Estas cocientes poderán adaptarse tendo en conta o criterio técnico e a información das Anpas.
En todas as modalidades de patinaxe e hockey é obrigatorio levar os patíns e as proteccións de seguridade idóneas (casco, rodilleras e bonequeiras), que non serán proporcionadas pola Fed. Prov. de ANPAS. Os escolares que non as leven non poderán patinar.
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización das modalidades deportivas do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.
Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña.
Os denominados "Programas de lecer educativo" están deseñados para realizarse nos centros educativos coa cooperación dos equipos directivos e as ANPAS.
Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos
C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel. 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
981 184 200 ext. 10127
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible