O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria dos escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e por tanto, viarias.
Só da Coruña
Policía Local
Complementaria
Alumnado de EI (5 anos), EP, ESO, BACH, FP e EE.
Gratuíta
Todas as persoas somos usuarias das vías públicas. O tráfico e a nosa mobilidade en xeral, ben como peóns, condutores ou pasaxeiros, é unha das vantaxes do progreso, pero aínda temos que traballar para minimizar os inconvenientes que tamén leva: as vítimas por accidentes e a deterioración ambiental.
A Policía Local é a organización profesional e pública con formación especializada en tráfico e mobilidade, así como os únicos con competencias neste ámbito dentro do centro urbano. Por tanto, a lei encoméndanos unha das funcións máis importantes: a prevención. A Educación Viaria é a mellor prevención que existe, así o demostran as estatísticas, xa que os países con menos sinistralidade son os que máis esforzos dedican a formación en Educación Viaria. Por isto, dispoñemos dunha policía con formación en psicopedagoxía que se encarga do deseño e implementación dos programas de Educación Viaria dirixidos ao alumnado da nosa cidade. Estes programas están deseñados para adaptarse ás necesidades e diversidade dos grupos. Buscan o fundamento dunha mellor Seguridade viaria para todos e todas.
Dispoñemos de varias modalidades en función das idades dos grupos:
Condicións do programa
É un programa flexible, que se pode adaptar ás limitacións horarias dalgúns cursos ou centros.
Dende o 01/10/2026 ata o 18/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Inscrición centros
Servizo Municipal de Policía Local
Coordinador de Educación Viaria
Tel.: 981 184 200 Ext.: 13008
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible