Este taller trata de fomentar la capacidad de exponer argumentos propios y reflexionados sobre un contenido determinado. Este aprendizaje se facilita cuando el acompañamiento es apropiado, las fuentes en las que se fundamentan los argumentos son adecuadas, variadas y el entorno creado en el aula da cabida a un pensamiento crítico basado en el cuestionamiento y la pluralidad de opciones.
Alumnado de 3º y 4º de ESO, Bachillerato, Formación Profesional Básica y Media.
Lectivo de los Centros Educativos.
As palabras reflicten dun modo profundo os conceptos máis arraigados sobre a nosa visión do mundo e, ao mesmo tempo, moldean a realidade que nos rodea. A través das palabras creamos novos escenarios, novas realidades que transforman o mundo. É por elo que ten un importante papel neste taller o emprego dunha linguaxe inclusivo que promova valores de igualdade e diversidade.
Trátase de crear un espazo de confianza no que se verbalicen as miradas e pensamentos da adolescencia e mocidade, no que poidan compartir visións, valores, críticas e dúbidas achega do mundo que as/vos rodea, do que son axentes activos, e por suposto, importantes protagonistas.
Condicións do programa/taller
Contidos
Relación de temáticas que poden ser abordadas nos talleres*:
a. ¿Que é o feminismo?, ¿por que se fala de feminismos e a súa importancia social?
b. A igualdade na contorna dixital: YouTube, Instagram, Tik Tok... e as ciberviolencias de xénero.
c. As diferentes sexualidades e as Lgtbqi+fobias: modelos de masculinidade e feminidade.
d. Aprendizaxe da sexualidade e das relacións afectivo sexuais a través da pornografía.
e. A importancia da música e da publicidade na socialización da infancia, adolescencia e mocidade. Publicidade antisexista e contrapublicidad.
f. ¡Quero ser matemática/ou! A diversificación profesional. Profesións sen xénero. Situación actual.
g. Abordaxe da xestión emocional e a súa relación coa saúde mental, tendo en conta a perspectiva de xénero.
h. Abordaxe da diversidade (sexual, funcional, étnica, racial, cultural, imaxe física, identidade e orientación sexo-afectiva) e a súa relación co benestar físico e emocional, tendo en conta a perspectiva de xénero.
i. Activismo e liderado xuvenil: ¿en que punto estamos e cal é o seu papel na consecución da igualdade?
*As temáticas propostas poderán variar ao longo da execución do contrato para adaptarse ás novas realidades e necesidades detectadas polos centros educativos.
Duración
Cada taller terá unha duración máxima de 4 horas. Poderán ser impartidas axustándose á dispoñibilidade do centro educativo, recomendándose dúas sesións secuenciadas consecutivamente o máis próximas posible no tempo.
Metodoloxía
A metodoloxía será participativa. O alumnado terá un importante papel protagonista conforme á natureza do taller, potenciándose tamén o traballo grupal.
Para o desenvolvemento
Aspectos xerais
Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.
O desenvolvemento do taller abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.
Procedemento de actuación polo centro educativo
Dende o 20/10/2025 ata o 19/06/2026
Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025
Centro de Información ás Mulleres (CIM Coruña)
E-mail: cim@coruna.gal
Tel.: 981 184 200 ext. 67905 - 67906
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible