Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gargallada. Novas xeracións na comedia 2025-26

Este programa busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, proporcionándolle ao alumnado unha experiencia creativa e enriquecedora, en colaboración con humoristas profesionais. Realizar talleres formativos de introdución á interpretación de monólogos cómicos, previos á gala, para potenciar a comprensión e expresión oral en lingua galega, así como a creatividade e a espontaneidade na representación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH, FP básica e de grao medio dos centros educativos do Concello da Coruña

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Esta actividade, enmarcada dentro da dinamización lingüística, está baseada na creación e posta en escena de monólogos da man de humoristas profesionais da nosa cidade. Non só potenciará a comprensión e a expresión oral, senón que tamén brindará un espazo único para descubrir novos talentos cómicos na aula.

Os monólogos, en galego, terán unha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5. Para garantir unha duración adecuada, a versión escrita deberá contar cunha extensión aproximada de 400 a 700 palabras

Características do programa

O programa consta de:

  1. Talleres formativos de iniciación á creación e interpretación de monólogos, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar o texto e ter recursos para a posta en escena. A empresa adxudicataria, en coordinación co SME establecerá os períodos formativos.
    • Formación inicial para o alumnado: o alumnado participará en sesións de formación que abordarán a definición do tema do monólogo e a súa aproximación á comedia no tema descrito. Ao finalizar, asignarase unha persoa profesional da comedia, que guiará o grupo durante o resto do proceso.
    • Proceso creativo para desenvolver un texto e Selección: todo o grupo traballará en equipo no proceso creativo e na elaboración do monólogo en galego normativo, que será tutelado e corrixido por profesionais, ata puír o resultado.
    • Posta en escena: os profesionais de cada centro, visitarán o alumnado nas súas aulas para preparar a posta en escena e escoller un ou unha representante de cada grupo que defenderá o monólogo final na gala do concurso.
  2. Celebración do concurso: a presentación dos monólogos farase nunha gala final na que un xurado cualificado elixirá os/as monologuistas gañadores/as nas distintas categorías. A gala pecharase coa entrega de premios.

Premios

Haberá un grupo gañador por cada categoría, que levará un premio consistente en 150,00 €, ademais de galardóns.

O xurado poderá propoñer outras mencións especiais, sen prestación económica, e no seu ditame poderá deixar deserto algún premio.

Gala final

A gala final desta edición terá lugar o xoves 7 de maio, ás 17.00 horas, no auditorio Ágora

14 estudantes de secundaria de 10 centros educativos subirán ao escenario para presentar os seus monólogos, tras un intenso proceso de aprendizaxe guiada por profesionais do humor entre 30 grupos de 752 alumnos/as.

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 07/05/2026

  • Formación inicial: novembro e decembro
  • Formacion do proceso creativo: xaneiro
  • Formación de posta en escena: febreiro
  • Gala: xoves 7 de maio de 2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 15/12/2025

Ficha de solicitude

O alumnado será clasificado nas seguintes categorías:

  • Categoría A: alumnado de 1.º e 2.º da ESO
  • Categoría B: alumnado de 3.º e 4.º da ESO e FP básica
  • Categoría C: alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio de FP

O SME poderá variar a composición das 3 categorías, en función do número de grupos inscritos de cada nivel educativo co obxecto de equilibrar o número de grupos que compitan en cada categoría.

Os centros educativos poderán inscribir un máximo de tres grupos por categoría.

A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro, e sempre tendo en conta que a participación de centros privados non concertados non poderá superar, en ningún caso, nin o 10% do total dos centros participantes, nin o 15% do total dos grupos participantes.

Contacto:

Hugh McGinley Audiovisual

Tel. 626 930 047

hugh@microrec.es

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext: 10179

educación@coruna.gal

Requisitos:

  • Deberá alcanzarse un número mínimo de 10 centros participantes, dos cales polo menos o 90% deberán ser públicos ou concertados; o número máximo de grupos participantes non poderá superar os 30 nin ser inferior a 10 e os grupos procedentes de centros privados non concertados non poderán superar o 15% do total dos grupos participantes.
  • De non alcanzar estes mínimos requiridos de centros ou grupos, o programa non se desenvolverá.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Documentos:

Gargallada. Novas xeracións na comedia 2025-26. Guía (7 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión