Concello da Coruña

Concello da Coruña

Non estás en TikTok: baixa da nube e aprende a circular

Charla para escolares sobre o uso correcto da bicicleta e o patinete eléctrico.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 6º curso de Educación Primaria dos CEIP e CPR da Coruña.

Horario:

A sesión comezará ás 11:00 horas e terá unha duración aproximada de 90 minutos.

No marco da semana do ciclismo, a asociación Agaxorde, en colaboración co departamento de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña, bicicoruña, Mobilízate, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Deporte Galego, realiza unha xornada de sensibilización sobre o uso correcto da bicicleta e o patinete eléctrico, orientada a alumnado do último curso de primaria dos colexios da cidade.

A sesión, que se celebrará o día 16 de xuño no salón de actos do Ágora, ás 11:00h, durará ao redor de 90 minutos.

A xornada será impartida por un policía local, un xornalista e un ex-ciclista profesional que compartirán recomendacións para o bo uso das bicicletas, xa sexa como actividade de lecer, como actividade deportiva ou como medio de transporte, incluíndo tamén recomendacións de seguridade viaria para a mellor protección dos/as usuarios/as da bicicleta.

Cando:

16/06/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/06/2025 ata o 12/06/2025

A ficha de inscrición abrirase o luns 2 de xuño ás 12:00 horas.

https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/xestion/actividades/ficha/124

Organiza:

AGAXORDE (Asociación Galega de Xornalistas do Deporte)

Avda. de Finisterre, 235 - 3ºB, 15010, A Coruña

Teléfono: 659 853 457

Correo: info@agaxorde.org

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

Non estás en TikTok: baixa da nube e aprende a circular - Cartel do programa (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión