Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son futuro: concertos didácticos 2026-27

A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes lles vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EP, ESO, Bachillerao e FP de centros docentes de ensino non universitario.

Horario:

A duración estimada das funcións é de 50-55 minutos.

Tipo de actividade:

Complementaria

Prezo / Custo:

O alumnado deberá aboar o importe das entradas para cada un dos Concertos Didácticos aos que asistan:

  • 3,00 € por alumno/a para todos os concertos.

O profesorado acompañante de cada grupo terá entrada gratuíta.

É imprescindible que se especifique o número de alumnos e profesores asistentes ao concerto.

Unha vez adxudicadas as prazas aos centros educativos indicarase o prazo no que se realizará o aboamento de entradas mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta. En caso de non aboarse o importe das entradas na data establecida, as prazas adxudicaranse a outros centros e grupos en listaxe de agarda.

Unha vez efectuado o pago das entradas non se devolverá o importe das mesmas. Só se efectuará no caso de anulación do espectáculo por parte da OSG.

As prazas para cada concerto didáctico son estritamente as que se solicitaron e pagaron. No caso de asistir con máis alumnos das prazas adxudicadas non se permitirá o acceso dos mesmos. En caso de asistir ao concerto con menor número de alumnos das prazas adxudicadas e aboadas non se efectuará a devolución do importe desas prazas.

Obxecto:

  • Achegar a música aos públicos escolares, enriquecendo a súa formación a través de concertos programados especialmente para eles, mediante a aplicación das pautas de traballo previstas nas guías didácticas.
  • Axudar o alumnado asistente ao concerto para conseguir unha audición comprensiva, activa e participativa.
  • Achegar os escolares ao coñecemento da música, estimulando a satisfacción pola audición en directo, así como promover a atención, a apreciación das actividades artísticas e o recoñecemento do silencio e da actitude relaxada como elemento fundamental para unha boa escoita.
  • Presentar aos docentes e alumnos recursos que axuden á consecución dunha auténtica expresión musical favorecendo unha comunicación máis rica cos demais, utilizando de maneira creativa as diferentes posibilidades de comunicación e expresión artística.
  • Potenciar o respecto entre as persoas e contribuír á comprensión da interculturalidade mediante a difusión dun repertorio musical amplo e variado.

Para lograr con éxito todas estas formulacións é necesario implicar a tres colectivos:

  • Os músicos que ofrecen o espectáculo (OSG e diversas agrupacións musicais).
  • O alumnado que asiste aos concertos.
  • O colectivo do profesorado.

Durante o concerto, tanto os músicos como o presentador están a ofrecer pautas de formación musical cara ao público, mais tamén é certo que o aproveitamento destas pautas vai depender do traballo que se poida facer previa e/ou posteriormente na aula.

A programación didáctica e datas dos concertos para o curso 2026/27

MYTHOS

Desde tempos inmemoriais, a humanidade teceu historias para explicar o inexplicable, mitos que viaxaron a través dos séculos, murmurados xunto ao lume ou esculpidos en pedra. Mythos é a música desas historias. É o eco das civilizacións desaparecidas, unha ponte entre o ancestral e o contemporáneo.

  • Intérpretes: Abraham Cupeiro e a Orquestra Sinfónica de Galicia
  • Data para escolares: 29 de xaneiro de 2027
  • Horarios das funcións escolares: 10.00 e 12.00 h
  • Ciclo educativo: 3er ciclo de ensino primario, iso e bacharelato
  • Coliseum da Coruña

ANIMALIA

Animalia sitúanos nun santuario de animais onde a doutora pata e o seu axudante pico coidan de animais abandonados ou feridos. A través da música en directo, o humor e as cancións populares, o espectáculo constrúe un universo de gran riqueza emocional e visual.

  • Intérpretes: Banda Municipal de Música da Coruña e Cris Collazo
  • Datas para escolares: 09 ao 12 de marzo de 2027
  • Horarios das funcións escolares: 10.00 e 11.45 h
  • Ciclo educativo: Educación infantil
  • Teatro Colón da Coruña

WALT E DIANA A VIAXE CONTINUA

Pasou un ano desde que os xemelgos Walt e Diana viviron unha fantástica aventura que os levou por algunhas das máis coñecidas películas, viaxando por mundos máxicos e coñecendo a algúns dos personaxes cinematográficos máis famosos de sempre.

Tras volver á súa casa cos seus pais, pensaron que todo terminara e que aquela marabillosa aventura só viviría nos seus recordos.

Pero algo sucedeu hai un ano. Algo máxico que provocará de novo que os nosos dous protagonistas deban embarcarse unha vez máis nun mundo de fantasía para evitar que algo terrible suceda.

¿Atrévesche a acompañar a walt e a diana nesta nova aventura?

  • Intérpretes: Orquestra Sinfónica de Galicia
  • Datas para escolares: 07 ao 09 de abril de 2027
  • Horarios das funcións escolares: 10.00 e 11.45 h
  • Ciclo educativo: Primeiro e segundo ciclos de educación primaria
  • Auditorio do Palacio da Ópera da Coruña

      Adxudicación

      • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de aforamento.
      • Unha vez adxudicados os concertos comunicaranse aos centros mediante correo electrónico.
      • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos así como a comunicación de calquera incidente ou aclaración unha vez comezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

      Desenvolvemento do programa

      • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante envío de correo electrónico ao Departamento Didáctico da OSG), antes do 9 de novembro, da presenza ou ausencia a cada un dos concertos adxudicados.
      • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
      • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicar a súa chegada ao persoal de seguridade ou na súa falta ao persoal da OSG situado no acceso á sala.
      • As horas sinaladas son as de comezo do espectáculo, polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos con, polo menos, 15 minutos de antelación.
      • Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.

      Cando:

      Dende o 29/01/2027 ata o 09/04/2027

      A programación didáctica e datas dos concertos para o curso 2026/27 pódese consultar na seguinte páxina: https://sonfuturo.com/2026/09/15/programacion-didactica-curso-2026-2027/

      Inscricións:

      Dende o 15/09/2026 ata o 16/10/2026

      Os centros educativos interesados en participar poderán presentar a súa solicitude desde o 15 de setembro ata o 16 de outubro ás 13.00 h., cubrindo o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJdHxlKMcssnUs6uvw0BIuiDT5qUxzUBsb-EslmfKeXNtZkw/viewform

      Contacto:

      Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico.

      Rúa Riazor, 8, 1º. 15004. A Coruña.

      Tel. 981 25 20 21

      Fax: 981 27 74 99

      didacticos@sinfonicadegalicia.com

      Recursos materiais:

      Todos os concertos didácticos apóianse nunha guía didáctica para o profesorado, elaboradas por un equipo de especialistas en educación musical.

      Nas guías didácticas recóllese a información do concerto: programa musical, temática, formación musical, información dos compositores e autores das obras para interpretar, así como diversas propostas didácticas que complementan a asistencia ao concerto para poder preparar o mesmo previamente na aula e complementalo posteriormente.

      As guías didácticas non se editarán en papel; con todo, remitiranse por correo electrónico con antelación ao concerto adxudicado aos centros participantes e estarán colgadas na web www.sonfuturo.com. Rógase aos coordinadores de cada centro estean atentos aos seus enderezos electrónicos e á páxina web.

      Organiza:

      Consorcio para a Promoción da Música

      Máis información:

      Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Síguenos en

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión