O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de FORMA SEGURA.
De calquera concello
IMCE
Complementaria
Alumnado de EI (5 años) y EP
Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/o para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.
Achegar as artes escénicas ao público infantil e xuvenil, en horario escolar.
CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN
• O 15 de xaneiro abrirase o prazo para que centros do municipio poidan inscribirse na oferta de Primavera 2025. O 17 de xaneiro abrirase o prazo para centros de fóra do municipio.
• Agradecemos que cada grupo inscríbase nunha única obra de teatro durante o curso para que todos os centros teñan opción a inscribirse nalgunha das funcións.
• Prezo da entrada: 2,00 € por alumna/o para o alumnado de todos os niveis; e gratuíta para o profesorado acompañante.
• Cada grupo deberá estar acompañado, polo menos, por unha persoa responsable do centro.
• A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.
• O aforo máximo será de 300 espectadores/as (incluído o profesorado); ou o que estipule a lexislación vixente en cada momento.
En función das características do espectáculo e do nivel dos/as escolares, pódese producir unha redución do aforo da sala.
ADXUDICACIÓN:
RETIRADA E ABONO DAS ENTRADAS
1. As entradas deben ser retiradas e abonadas no prazo que consta no calendario que aparece a continuación.
2. No caso de que non se faga o pago no prazo estipulado, adxudicaránselle as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de espera.
3. As entradas recolleranse no Forum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297).
O pago poderá realizarse en efectivo ou con tarxeta.
4. No momento de abonar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas se quedan prazas vacantes.
5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións (sobre a reserva feita polo centro nun primeiro momento), a condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe será devolto ao termo da función, no Forum. No caso de que fosen abonadas con tarxeta de crédito haberá que presentala.
6. A factura seralle enviada ao centro escolar unha vez realizada a función.
PAUTAS QUE HAI QUE SEGUIR NO FORUM PARA QUE O ESPECTÁCULO SEXA UN ÉXITO
1) Vimos todos/as a divertirnos e a gozar do teatro, sen esquecer respectar sempre o traballo das persoas que están no escenario e na sala.
Debemos seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.
2) A hora destacada nela entrada é a hora de inicio da función polo que os grupos deberían estar en Forum polo menos 10 ou 15 minutos antes do inicio da mesma.
3) Esíxese puntualidade.
4) Agradécese que a entrada e saída do edificio fáganse en orde e no maior silencio posible, para evitar molestias ás persoas usuarias e traballadoras do Forum.
5) Todas as persoas que asistan ao espectáculo accederán ao auditorio portando cada unha a súa entrada.
6) Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá o acceso ao auditorio.
7) Por seguridade, hai que deixar libres os corredores e as portas de emerxencia do auditorio.
8) Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función. Quérense unha foto de grupo, poderán sacala ao termo da función, aviso previo/previo aviso á xefa de sala.
9) Non está permitido comer nin beber no auditorio.
PROGRAMACIÓN
Lugar: todos os espectáculos serán no Forum Metropolitano.
TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA
|
TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA e BACHARELATO
|
ESPECTÁCULO |
Compañía |
Nivel |
Fechas |
Horario |
Duración |
Fecha tope de abono |
|
SOÑOS |
Artefeito (Galicia) |
2º ciclo ESO - Bach |
28 febrero 2025 |
11.30 h |
60 min aprox |
21 febrero |
|
FEIRANTES |
Ramiro Neira (Galicia) |
ESO - Bach |
10 abril 2025 |
11.30 h |
60 min aprox |
4 abril |
|
CINEMA DE HISTORIAS |
Raquel Queizás (Galicia) |
ESO |
11 abril 2025 |
11.30 h |
60 min aprox |
4 abril |
Dende o 13/01/2025 ata o 23/05/2025
A inscrición ábrese para centros do municipio o 15 de xaneiro de 2025 ás 9.00 h e o 17 de xaneiro para centros de fóra do municipio.
Xa rematou
Dende o 15/01/2025 ata o 23/05/2025
AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO
R/ Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña
COORDINACIÓN DO PROGRAMA
"Todo público: Teatro para centros escolares": Xosé Paulo Rodríguez
T: 981 184 297
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Sede: Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña
Tel. 981 184 233
IMCE. Instituto Municipal Coruña Espectáculos e Servizo Municipal de Educación
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
TODO PÚBLICO Primaveira 2025 - programa para EI - EP (458 KB)
TODO PÚBLICO Primaveira 2025 - programa para ESO y Bacharelato (313 KB)
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible