Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares ás bibliotecas 2025-26

Visita á biblioteca municipal de referencia con actividades previas na biblioteca escolar do centro, dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Bibliotecas

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4.º a 6.º de educación infantil e de 1.º a 6.º de educación primaria de centros educativos do municipio

Contidos das visitas

Tanto no ciclo de educación infantil como en cada un dos tres ciclos de educación primaria os contidos abordados serán os seguintes:

  1. A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, poesía...).
  2. A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
  3. Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, procuras...

Duración das visitas

Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

Centros onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

Bibliotecas de referencia para cada centro escolar

CENTROS ESCOLARES DE INFANTIL E PRIMARIA BIBLIOTECA DE REFERENCIA
CEE María Mariño Ágora
CEE Nª Sra. del Rosario Ágora
CEEPR ASPANAES Ágora
CEEPR Nª Sra. de Lourdes - ASPRONAGA Ágora
CEIP Alborada Castrillón
CEIP Anxo da Guarda Castrillón
CEIP Cidade Vella Monte Alto
CEIP Concepción Arenal Fórum
CEIP Curros Enríquez Monte Alto
CEIP Emilia Pardo Bazán Rosales
CEIP Eusebio da Guarda Durán Loriga
CEIP José Cornide Saavedra Sagrada Familia
CEIP Juan Fernández Latorre Castrillón
CEIP Labaca Durán Loriga
CEIP Manuel Murguía Castrillón
CEIP María Barbeito Ágora
CEIP María Pita Castrillón
CEIP Novo Mesoiro Rosales
CEIP Prácticas-Aneja Rosales
CEIP Ramón de la Sagra Castrillón
CEIP Raquel Camacho Ágora
CEIP Rosalía de Castro Sagrada Familia
CEIP Sagrada Familia Sagrada Familia
CEIP Sal Lence Fórum
CEIP Salgado Torres Fórum
CEIP San Francisco Xabier Fórum
CEIP San Pedro de Visma Ágora
CEIP Torre de Hércules Monte Alto
CEIP Víctor López Seoane Monte Alto
CEIP Wenceslao Fernández Flórez Sagrada Familia
CEIP Zalaeta Monte Alto
CPR Andaina Durán Loriga
CPR Calasancias Rosales
CPR Calasanz PP Escolapios Rosales
CPR Cid Ágora
CPR Compañía de María Durán Loriga
CPR Esclavas del Sagrado Corazón Rosales
CPR Fogar Santa Margarida Durán Loriga
CPR Franciscanos Sagrada Familia
CPR Grande Obra de Atocha Monte Alto
CPR Hijas de Jesús Fórum
CPR Internacional Eirís Castrillón
CPR Karbo Sagrada Familia
CPR Liceo la Paz Castrillón
CPR Maristas Cristo Rey Durán Loriga
CPR Montegrande Fórum
CPR Obradoiro Ágora
CPR Peñarredonda Sagrada Familia
CPR Rías Altas Fórum
CPR Sagrado Corazón - Franciscanas Rosales
CPR Salesianos San Juan Bosco Monte Alto
CPR Santa María do Mar Fórum
CPR Santo Domingo Durán Loriga
CPREX Coruña British School Fórum

Condicións do programa

  • 1. Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita. Estes contactos serán entre a bibliotecaria municipal da biblioteca asignada e a persoa que vaia acompañar o alumnado á visita. Se despois de realizada a reunión inicial de preparación, se producise algún cambio con respecto á persoa acompañante, o centro deberá comunicarllo á biblioteca e a nova persoa acompañante deberá poñerse en contacto coa súa bibliotecaria de referencia para recibir as explicacións necesarias que garantan o mellor aproveitamento da actividade.
  • 2. Coa finalidade de poder avaliar e mellorar o programa o profesorado deberá cubrir unha enquisa ao finalizar a visita.
  • 3. A participación na visita inclúe a necesidade dunha actividade previa que o profesorado deberá realizar coas súas alumnas e alumnos na biblioteca escolar do centro. Unha vez asignada a visita, a bibliotecaria municipal comunicaralle á/ao mestra/o o tipo de acción que se vai realizar. Serán propostas sinxelas como:
    • Unha procura de libros sobre unha determinada temática que deberán traer á biblioteca e presentalos o día da visita.
    • A realización dun vídeo sinxelo, unha fotografía, unha breve presentación, unha carta  etc. na que se presente a biblioteca escolar ou se destaque algún aspecto singular dela: mobiliario, actividades, espazos, organización etc.
  • 4. As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios.
    • Dar cobertura aos seus centros escolares de referencia de maneira prioritaria.
    • Buscar un equilibrio entre o número de visitas solicitadas e o número de centros escolares que realizan a demanda.
    • Satisfacer a demanda das solicitudes dos diferentes niveis (EI e EP) dunha maneira equilibrada.
  • 5. Para a aceptación das solicitudes tamén se terá en conta se en cursos anteriores os centros escolares respectaron os compromisos recollidos nos puntos 1, 2 e 3.
  • 6. As visitas asignaranse á biblioteca de referencia.
  • 7. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas.
    • Elena Pernas Lázaro
    • e.pernas@coruna.gal
    • Teléf.: 981 184 384
  • 8. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.
  • 9. O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.

Cando:

Dende o 09/01/2026 ata o 29/05/2026

Inscricións:

Dende o 15/10/2025 ata o 15/11/2025

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Bibliotecas

Elena Pernas Lázaro

e.pernas@coruna.gal

Teléf.: 981 184 384

Organiza:

Servizo Municipal de Bibliotecas

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión