Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do dito centro.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Os grupos participantes distribuiranse en 3 categorías: infantil, primaria e secundaria.
O SME poderá variar a composición das 3 categorías, en función do número de grupos inscritos de cada nivel educativo co obxecto de equilibrar o número de grupos que compitan en cada categoría.
Escolar e extraescolar
Anual
Gratuíto
Ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, mediente representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos teatrais escolares.
Obxectivos específicos:
Condicións do programa
1. Os centros poderán inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:
2. Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá ao grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante.
3. As obras de teatro poderán ser representadas en horario escolar ou extraescolar
4. As representacións teatrais da Mostra axustaranse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:
5. Deberes dos grupos participantes:
Gala final Mostra de Teatro Escolar 2026
O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 12 de xuño , ás 17:00 horas, no Forum Metropolitano.
Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por persoas relacionadas co mundo do teatro.
O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propoñer mencións especiais.
Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, e a coordinación do grupo.
PREMIOS:
Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100€.
As posibles mencións non terán premio económico.
Dende o 08/01/2026 ata o 12/06/2026
O INTERCAMBIO DE REPRESENTACIÓNS da Mostra realizarase do 16 de marzo ao 15 de maio de 2026, en as datas e horarios que acorden os centros participantes..
A GALA FINAL realizarase o venres 12 de xuño de 2026, ás 17:00 horas, no Fórum Metropolitano.
Dende o 16/09/2025 ata o 15/12/2025
Os centros e ANPAS interesados en participar deben de inscribirse na Ficha de solicitude
Se ampla o prazo de inscrición ata o 15 de decembro de 2025.
Posteriormente, do 8 de xaneiro, ás 10:00h., ao 27 de febreiro de 2026, ás 14:00 h., os centros e Anpas teñen que volver entrar na solicitude para confirmar a súa participción.
A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
COORDINA: VitaEvents
Tel: 681 01 72 99 (Andrea Rodríguez)
andrea.rodriguez@vitaevents.es
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10179
AXUDA ECONÓMICA
Cada grupo dos centros públicos e concertados recibirá unha axuda económica para afrontar os gastos de material funxible xerados pola propia actividade da montaxe das obras de teatro, por un custo máximo de 300 € por grupo.
Exclúense os centros privados non concertados da posibilidade de percibir desta axuda económica.
Considerarase "material funxible": material de oficina e papelería, fotocopias, materiais de carpintería, material informático, alugueiro de aparellos de megafonía, teas, disfraces, alimentos e bebidas para recibir o grupo visitante etc.
Os gastos deberanse xustificar debidamente coas facturas correspondentes.
TRANSPORTE
O concello poñerá ao dispor dos grupos un servizo de transporte gratuíto dos grupos participantes para os desprazamentos a outros centros e aos grupos premiados á gala final.
A escenografía non poderá exceder de 2,15 m de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.
Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible