2023-2024, A Coruña participa
O servizo muncipal de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.
O Concello da Coruña leva a cabo un Pleno Infantil no que a alcaldesa e o concelleiro de Educación se reúnen con escolares da cidade.
"Sementando participación" é un programa que se levará a cabo en 2023 co obxectivo de xerar un proceso de participación infantil para que as e os menores e adolescentes da cidade coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica.
resultados 4
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible