Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Equipamento TIC para a mobilidade asistida

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Implantación de ferramentas TIC para a mobilidade urbana asistida (LA9)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación (OT2)

Orzamento: 596.995,79 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 4 meses

Contratista: Alumbrados Viarias, S.A.

DESCRICIÓN

A operación consiste na implantación de ferramentas TIC para o fomento da mobilidade urbana asistida, a través das seguintes actuacións:

  • Por unha banda, trátase de adquirir dispositivos acústicos semafóricos con activación "a demanda" mediante a tecnoloxía bluetooth/mando a distancia, o que permitirá a activación do dispositivo só cando realmente vaia cruzar unha persoa con deficiencias visuais, evitando así o problema de contaminación sonora e as molestias ocasionadas a comerciantes e veciños da zona.
  • Doutra banda, a adquisición de diversos reguladores semafóricos de última xeración, centralizados e integrados na sala de control de tráfico, que ofrecen un aforro enerxético de máis do 25% respecto dos actuais e permitirán a conectividade dos mesmos cos diferentes actores da mobilidade urbana, transporte público, ciclistas, VMP, vehículos de repartición, particulares e peóns.
  • Ademais, adquírense dispositivos para informar dos tempos de verde dos pasos semaforizados nos principais itinerarios peonís e nas contornas de zonas escolares, centros de saúde e centros de día, proporcionando información sobre o tempo de cruzamento aos peóns, especialmente ao colectivo de persoas maiores e de persoas con mobilidade reducida, o que aumentará a seguridade viaria e dará información útil para a toma dedecisiones.

O obxectivo principal é facilitar a mobilidade da cidadanía proporcionándolle información o máis completa posible acerca dos seus desprazamentos a pé, bicicleta e autobús, así como a creación de ferramentas de mobilidade específica para colectivos concretos, todo iso para conseguir o aumento do uso de medidas de mobilidade ecoeficientes grazas á información proporcionada pola infraestrutura de tráfico.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

  • Galeria Mobilidade TIC

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión