Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Mellora de accesibilidade e uso das praias da Coruña

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Recuperación, mellora e posta en valor de espazos naturais de interese local (LA2)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 145.175,80 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 4 meses

DESCRICIÓN

O obxecto do presente proxecto é a mellora da accesibilidade das praias urbanas da Coruña. As actuacións proxectadas constitúen un primeiro paso dun proceso de mellora na accesibilidade destas praias, que deberá continuar de face ao futuro con novas actuacións.

Tomando en consideración o resultado do proceso de participación, centráronse os esforzos en mellorar a accesibilidade de 3 da 5 praia urbanas, Riazor, Oza e San Amaro, considerando que os 2 restantes, Orzán- Matadoiro e As Lapas, que son as que presentan máis dificultades de adaptación, están próximas ás de Riazor e San Amaro, respectivamente.

As actuacións céntranse en dous aspectos:

  • Actuacións en paseos lindeiros e accesos: Este primeiro grupo de actuacións céntrase en en os paseos marítimos lindeiros coas praias e nos accesos ao areal nos puntos accesibles das praias de Riazor, Oza e San Amaro, intervindo nos pavimentos, ramplas, vaos e aparcadoiros, varandas, mobiliario e sinalización
  • Actuacións en areal e equipamento: acondicionaranse algúns servizos existentes nos 3 puntos accesibles proxectados e dotaranse con novos servizos e equipamentos tales como aseos adaptados, duchas adaptadas, guindastre fixo para transferencia desde cadeira anfibia, pérgola de sombra, fonte adaptada, cadeira anfibia, xogo de muletas anfibias, cinta de transferencia PMR, andador adaptado, tumbona adaptada e bucle de indución portátil para o seu emprego en casetas de socorrismo. En canto ás actuacións no areal, proxéctase o acondicionamento de Itinerarios Peonís Accesibles (IPA) ata a auga sobre o areal, sinalizando as pasarelas de madeira actuais mediente un esmaltado nos seus extremos. Desde o nivel de pleamar ata a auga instalaranse pasarelas enrollables de poliéster, de 1,8m de ancho, de cor azul e de gran lixeireza, que permiten un rápido desmonte en condicións de pleamar.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

  • Galeria Praias

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión