Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Monitorización enerxética mediante as TIC dos barrios da cidade (A20)
Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)
Orzamento: 387.417,80 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: Terminada
Contratista: UTE Aforra Enerxía
DESCRICIÓN
O Concello da Coruña impulsa a caracterización enerxética do parque de edificios residenciais e vivendas do municipio da Coruña, como ferramenta para o coñecemento da situación actual da demanda enerxética, e para impulsar os procesos de rehabilitación enerxética que permitan mellorar a calidade de vida e a comodidade dos residentes.
Entre os seus obxectivos está o de fomentar os procesos de rexeneración urbana e apoderamento fronte á enerxía identificando dentro o parque residencial do municipio aqueles edificios máis sensibles e necesitados de melloras enerxéticas, axudando os seus propietarios ou inquilinos a participar activamente nun cambio de modelo enerxético.
Para iso preténdese realizar unha caracterización enerxética de diferentes edificios distribuídos entre os dez distritos da cidade da Coruña, xerando o perfil enerxético dun grupo significativo de vivendas e implantando un sistema de monitorización e vixilancia enerxética que permita seguir ao longo do tempo o grao de comodidade interior, así como o impacto da enerxía nas familias e na contorna.
Estes traballos deben servirlle ao municipio para desenvolver estratexias de aforro e eficiencia que impulsen un modelo enerxético máis sostible buscando a máxima comodidade dos seus cidadáns co menor custo enerxético posible.
O proxecto divídese en dúas fases:
Fase 1: mapeado enerxético da cidade
Esta fase está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e concrétase nos seguintes puntos:
A monitorización realízase con equipos de reducida dimensión instalados en contadores e nunha ou dúas das estancias principais da vivenda. Os equipos son enerxeticamente autónomos e transmitirán a información a través dunha rede de datos propia, polo que o seu funcionamento non supón consumos enerxéticos nin de datos das vivendas monitoradas.
Fase 2: monitorización de actuacións
Contacto
Para calquera dúbida ou consulta, pode escribir ao correo electrónico aforraenerxia@coruna.gal ou chamar ao número de teléfono 604.047.337 (de luns a venres, en horario de 09.00 a 18.00 horas).
LIGAZÓNS DE INTERESE
Folleto informativo descargable
Páxina web do proxecto Aforra Enerxía
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
20 de febreiro de 2024
La Opinión
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible