Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Subministración e instalación de lectores, módulos, estacións e bicicletas

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Programa de fomento da mobilidade en bicicleta mediante a dotación de percorridos ciclables en barrios da cidade xunto á renovación e ampliación de infraestrutura de alugueiro de bicicletas eléctricas (LA14)

Obxectivo temático: Favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 1.792.030 €

Financiamento FEDER: 49%

Estado: Terminada

Prazo execución: 7 meses

Contratista: CESPA, COMPAÑÍA ESPAÑOLA DE SERVIZOS PÚBLICOS AUXILIARES, S.A. - PBSC URBAN SOLUTIONS INC.

DESCRICIÓN

O sistema actual de préstamo de bicicleta pública do Concello da Coruña, BICICORUÑA, está composto por 23 estacións aparcabicis, distribuídas ao longo da cidade, cun total de 356 ancoradoiros. Despois de máis de dez anos de funcionamento e crecemento continuo en persoas usuarias e usos, proponse como estratexia de cidade a renovación completa e ampliación do Sistema de Préstamo de Bicicletas. A principal novidade é a introdución da bicicleta eléctrica para acceder a zonas da cidade máis afastadas, fomentando así unha mobilidade sostible.

Preténdese neste sentido dar tamén cumprimento ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello da Coruña, en relación co fomento da mobilidade non motorizada, favorecendo a mobilidade peonil e ciclista e aumentando o atractivo do espazo peonil.

En concreto, esta actuación céntrase na subministración de:

  • Un mínimo de 514 bicicletas, das que un mínimo de 172 serán eléctricas e o resto serán convencionais, mecánicas.
  • Un mínimo de 990 ancoradoiros, con base de carga en polo menos o 50 % dos mesmos, repartidos nun mínimo de 55 estacións (capacidade mínima de 15 ancoradoiros/estación)
  • Sistemas TIC e software de xestión que permita o funcionamento da subministración.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Mapa de estacións de Bicicoruña

Bicicoruña na web municipal de Mobilidade

Presentación de Bicicoruña no Grupo de Acción Cidadá (GAU). 27 de xuño, 2022

Bicicoruna.gal

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión