Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Grupo de Acción Urbana (GAU)

O GAU (Grupo de Acción e participación Urbana) é o órgano de consulta, participación e coordinación social da Estratexia.

A súa función principal é realizar un proceso de participación permanente durante a execución das actividades do proxecto EidusCoruña, así como a súa avaliación en función da temporalidade dos informes externos emitidos para o efecto (informes de avaliación intermedio e final).

O GAU pon a disposición da cidadanía, tanto de forma presencial como a través de medios de comunicación, web, redes sociais, eventos etc. os avances da EidusCoruña.

En materia de Igualdade de oportunidades poñerá en marcha un procedemento de avaliación específico que finalizará coa elaboración dun informe do impacto da estratexia integral EidusCoruña sobre a integración laboral, a educación, a formación profesional, a capacidade empresarial das mulleres e a conciliación da vida laboral e profesional. Estes informes de impacto de xénero teñen carácter preceptivo, xa que así os define a normativa europea, a estatal e a propia Instrución para a Transversalidade de Xénero do Concello da Coruña.

A constitución do GAU foi aprobada na JGL do 15 de Xullo de 2020 . Aquí pódese consultar o seu Certificado de constitución e anexo no que se detalla a composición do mesmo.

O 17 de novembro de 2020 tivo lugar a sesión constitutiva e inmediatamente despois celebrouse a primeira sesión. Tamén nesa data aprobáronse as Normas de Funcionamento do Grupo de Acción Urbana (GAU) da estratexia EidusCoruña.

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión