Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Marquesiña interactiva para o transporte urbano en autobús

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Instalación de marquesiña piloto con zona de descanso, protección contra a auga, cobertura wifi, cargadores de móbiles, etc. (LA15)

Obxectivo temático: Favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 240.000 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En proxecto

Prazo execución: 8 meses

DESCRICIÓN

O proxecto consiste no deseño e construción dos elementos de mobiliario urbano dunha marquesiña interactiva por módulos para facilitar en cada localización a adaptación do seu tamaño e elementos dependendo do número e as características dos usuarios. En canto aos módulos, faise unha proposta ampla co obxecto de proporcionar unha visión de posibilidades a futuro. A partir desta proposta poderanse seleccionar aqueles módulos que se consideren adecuados para un primeiro prototipo, tanto en termos das funcionalidades desexadas como atendendo á integración da marquesiña na paisaxe urbana específica.

Nas imaxes móstrase unha proposta do frontal con varios módulos posibles e os dous cerramentos, un con MUPI e outro que inclúe vidro de seguridade. O punto de visualización para nomear cada elemento é desde a estrada excepto para os laterais.

Os módulos que se propoñen son:

  1. Módulo de accesibilidade: É o primordial en todas as marquesiñas, ten un banco no cal poden sentar 3 persoas, un apoio isquiático para unha persoa e ademais un espazo para unha cadeira de discapacitados. Por tanto, o total de persoas que poden están no seu interior é de 6-7 persoas.
  2. Módulo de información ao viaxeiro + panel braille: Pantalla dixital poste-viaxeiro con información de tempos de chegada, meteoroloxía e datos ambientais. Ademais, inclúese unha zona de panel braille para que aqueles usuarios con problemas de visión poidan acceder á información en modo de locución.
  3. Módulo de cadeira de rodas: Un espazo aberto para engadir nas localizacións cun maior número de usuarios con cadeira de rodas.
  4. Módulo web: Un espazo para usuarios que inclúe unha pantalla dixital interactiva que permite realizar as consultas a determinados sitios web.
  5. Módulo de descanso: Espazo cun apoio isquiático previsto para dúas persoas.
  6. Módulo de información turística: A través dunha pantalla permítese o acceso a información de interese turística da cidade: monumentos, museos, praias, parques etc.
  7. Módulo de billetera electrónica: Permite consultas de saldo e recárgaa dos cartóns asociados ao sistema de autobuses, así como outras funcionalidades que se desexe engadir.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión