Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Urbanización da rúa Cortaduría

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Promoción da mobilidade a pé (LA11)

Obxectivo temático: Favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 307.852,75 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En proxecto

Prazo execución: 4 meses

DESCRICIÓN

O proxecto consiste en mellorar a rúa Cortaduría mediante a súa reurbanización superficial completa, incluíndo a reparación dos pavimentos existentes e a substitución, renovación e/ou incorporación de novos servizos urbanísticos.

Inicialmente procederase á retirada do mobiliario urbano que poida afectar á execución da obra (sinalización vertical, papeleiras, etc). As pezas cuxo estado de conservación sexa aceptable ou conten con partes que poidan servir como reposto para outros elementos situados na cidade serán retiradas e almacenaranse para o seu uso posterior. O resto serán debidamente xestionados como residuos. De forma xeral, o proceso das obras será o seguinte:

  • Detección da totalidade de servizos afectados e accións de seguridade necesarias sobre todos eles.
  • Reformulo e toma de datos sobre os pavimentos existentes.
  • Levantamento de laxas de pedras para a súa posterior reutilización e recolocación.
  • Demolición de pavimento de canto rodado, bases de formigón e sumidoiros existentes.
  • Apertura de gabias para a substitución e/ou colocación de novos servizos urbanísticos.
  • Execución de novas instalacións, con conexionado aos servizos existentes.
  • Pavimentación xeral da rúa con reutilización de laxas de pedra e formación de bandas de laxas de pedra, reproducindo o estado actual segundo a documentación gráfica.
  • Instalación de mobiliario e sinalización vertical.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión