Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Programa de fomento da mobilidade en bicicleta mediante a dotación de percorridos ciclables en barrios da cidade xunto á renovación e ampliación de infraestrutura de alugueiro de bicicletas eléctricas (LA14)
Obxectivo temático: Favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)
Orzamento: 1.792.030 €
Financiamento FEDER: 49%
Estado: Terminada
Prazo execución: 7 meses
Contratista: CESPA, COMPAÑÍA ESPAÑOLA DE SERVIZOS PÚBLICOS AUXILIARES, S.A. - PBSC URBAN SOLUTIONS INC.
DESCRICIÓN
O sistema actual de préstamo de bicicleta pública do Concello da Coruña, BICICORUÑA, está composto por 23 estacións aparcabicis, distribuídas ao longo da cidade, cun total de 356 ancoradoiros. Despois de máis de dez anos de funcionamento e crecemento continuo en persoas usuarias e usos, proponse como estratexia de cidade a renovación completa e ampliación do Sistema de Préstamo de Bicicletas. A principal novidade é a introdución da bicicleta eléctrica para acceder a zonas da cidade máis afastadas, fomentando así unha mobilidade sostible.
Preténdese neste sentido dar tamén cumprimento ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello da Coruña, en relación co fomento da mobilidade non motorizada, favorecendo a mobilidade peonil e ciclista e aumentando o atractivo do espazo peonil.
En concreto, esta actuación céntrase na subministración de:
LIGAZÓNS DE INTERESE
Mapa de estacións de Bicicoruña
Bicicoruña na web municipal de Mobilidade
Presentación de Bicicoruña no Grupo de Acción Cidadá (GAU). 27 de xuño, 2022
10 de xaneiro de 2023
Web municipal
5 de xaneiro de 2023
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible