Suárez proponse a tarefa de transportarnos a lugares que non sabiamos que existían. As obras convértense así en pequenos descubrimentos. En paréntese onde reinan a paz e a harmonía do natural.
Para público en xeral
Dende o 17/06/2026 ata o 12/07/2026
Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
Palacio Municipal de María Pita
Praza de María Pita, 1
15001 A Coruña
Tfno.: +(34) 981 189 898
Mostra do artista Manuel Suárez composta por 14 pezas sobre lenzo ou táboa e que explora a liberdade creativa cun especial interese pola evocación do natural e o salvaxe como vehículo cara ao sentimento e a reflexión.
Manuel Suárez é, sen dúbida, un dos nomes propios desa escena vibrante que pon A Coruña no foco da creatividade. A súa inconfundible man vese, séntese neste cuarto no que Suárez se propón a tarefa de transportarnos a lugares que non sabiamos que existían. As obras convértense así na verdadeira porta de entrada á fábula "unha fábula que non existe e que, probablemente, non ten outra ensinanza que esta verdade universal: se te dedicas á arte, deber ser completamente libre; doutra maneira, algo non funciona", palabras de Suárez, que tamén é o comisario da exposición.
A través desta parede principal, accédese a uns xardíns cheos de calma: descanso, luz, calor, atardecer estival, gozo. Con esta mirada, Suárez propón unha viaxe particular e profunda cara a un "proceso creativo no que as fábulas se cerran con ensinanzas de libre elección ou mesmo con ausencia destas; co sentimento radical de contemplar algo que acende unha pequena chama nalgún lugar do noso interior", en palabras de Inés Rey
Sen resultados.

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN:
APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas
LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible