Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXV Mostra de Teatro Escolar: gala de entrega de premios

A gala de entrega de premios celebrarase o venres 12 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/06/2026

Horario:

A partir das 17.30 horas.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

O programa educativo municipal XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26 pecha a súa XXXV edición coa celebración da gala final de entrega de premios, que terá lugar o venres 12 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.

Na gala, que estará presentada por, Mariña Pena Blanco, os grupos gañadores representarán as súas obras e recibirán os premios correspondentes (un cheque por valor de 100 € para cada un dos grupos gañadores), que serán entregados polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez. Tamén se entregarán as mencións especiais do xurado.

Todas as obras teatrais serán valoradas (pola súa orixinalidade ou adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, a dramatización e a coordinación do grupo) por un xurado composto por:

  • Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Concello da Coruña. Foi docente de grupos de teatro escolar, directora do Fórum Metropolitano e programadora de teatro infantil e xuvenil.
  • Ramiro Neira Cortés, actor e narrador de tradición oral; director e produtor de proxectos teatrais en Galicia; docente de grupos de teatro escolar e afeccionado.
  • Xosé Leis Martínez, graduado en Pedagoxía Teatral e máster en Estudos Teatrais e Audiovisuais da UdC; actor de teatro e audiovisual; director e programador de festivais teatrais; docente de grupos de teatro escolar.
  • Ana Paz Pérez, técnica do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, como secretaria.

Programa "Mostra de Teatro Escolar"

O programa educativo "Mostra de Teatro Escolar" está concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea (ou selecciona) e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo, e recibe o grupo de teatro do dito centro.

Nesta XXXV edición do programa, realizáronse un total de 14 representacións noutro centro de intercambio (e outras tantas no propio centro), entre o 13 de abril e o 14 de maio de 2026, en 12 centros educativos da cidade. En total, participaron 14 grupos, con 278 alumnos/as de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato, así como 32 profesores/as, monitores/as e acompañantes.

MATRÍCULA

ALUMNADO INTERNO

MATRÍCULA INTERNA: 1 de maio ao 8 de maio

ALUMNADO EXTERNO

PRAZAS DISPOÑIBLES: 18 de maio

PREINSCRICIÓN: 18 de maio ao 22 de maio

LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS: 1 de xuño

MATRÍCULA: 1 de xuño ao 6 de xuño

PRÓXIMOS EVENTOS

gala 2024 25

Gala do curso 2024-25

O pasado venres 4 de abril celebramos a Gala do curso 2024-25 no Teatro Colón da Coruña. Nela participaron varias áreas da escola: un combo de música moderna (o gañador do Torre67 Fest que se realizou o sábado 29 de marzo: STARBAND), un grupo de música e movemento, a área de música tradicional e o coro lírico da escola.

Contacto

Teléfono: 981 226 752

Correos electrónicos:

Enderezo: direccionem@coruna.gal

Xefa de estudos: jefaturaem@coruna.gal

Administración: administracion@emmcoruna.com

Horario

APERTURA DA ESCOLA: das 08.00 ás 21.30 horas

LECTIVO: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

ADMINISTRACIÓN: das 09.00 ás 20.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión