O día 3 de maio é a último día da exposición “Emigrantas: emerxer do silencio”, e con motivo desta clausura, prográmase un conxunto de actividades dirixidas tanto ao público familiar como ao público xeral, co obxectivo de afondar nos contidos da mostra desde unha perspectiva participativa e de mediación cultural.
Para público en general
Los días 25/04/2026 a la 01:00 , 27/04/2026, 02/05/2026
Lunes a domingo de 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 21.00 h.
Kiosco Alfonso. Jardines de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña
Jardines de Méndez Núñez 3 Bj.
15006 A Coruña
Tfno: 981 189 898
kioscoalfonso@coruna.gal
1. Obradoiro familiar: "Cartografía téxtil para as emigrantas"
Obradoiro participativo dirixido a familias, no que, a través do traballo con tea e técnicas sinxelas de collage téxtil inspiradas nas pezas de Carmen Arias de Castro, "Mimina", construirase un mapa colectivo de historias reais de emigración vinculadas ás experiencias familiares e afectivas das persoas participantes. A actividade aborda a emigración como experiencia vital, interxeracional e emocional, fomentando a creación colectiva e a transmisión da memoria.
· Data: sábado, 25 de abril
· Hora: 12:00 h
· Público destinatario: público familiar
· Capacidade: 12 familias (cada nena/o virá acompañado dun adulto) · Inscricións: https://ticketing.coruna.gal/kioscoalfonso/emigratas/
· Apertura de prazo de inscricións: luns 20 de abril ás 10:00 h
2. Visitas guiadas á exposición
As visitas guiadas ofrecen un percorrido comentado pola exposición, contextualizando as pezas e os discursos expositivos arredor dos procesos migratorios, con especial atención ás experiencias das mulleres emigrantes.
• Sábados, 25 de abril e 2 de maio
• Hora: 18:00 h
· Público destinatario: público xeral
· Reserva das visitas guiadas: • Teléfono: 981 189 898 (de luns a vernes de 8:00 a 15:00h)
• Correo electrónico: kioscoalfonso@coruna.gal
3. Presentación da revista Emigrantas: emerxer do silencio
Presentación pública da revista editada con motivo da exposición "Emigrantas: emerxer do silencio", concibida como soporte editorial complementario da mostra. A publicación amplía e contextualiza os contidos expositivos, ofrece lectura especializada e funciona como memoria documental do proxecto, sendo un material esencial para o labor divulgativo e educativo asociado á exposición.
A revista recompila historias, testemuños e información biográfica de diferentes emigrantas, permitindo afondar nas experiencias da emigración feminina e poñendo en valor as súas traxectorias e memorias.
· Data: luns 27 de abril
· Hora: 19:00 h
Entidades
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible