Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2024

O alumnado-traballador do programa de emprego 'Unha ventá ao porto medieval da Coruña' volve a percorrer a Cidade Vella da man de Dolores Barral, profesora de historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela

Desta vez, á visita só acudiron os membros da disciplina de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais xa que, coñecer os detalles máis concretos de cada espazo é de suma importancia para os seus proxectos.

O encontro coa profesional, quen realizou a súa tese doutoral sobre a Coruña e a súa arte na Baixa Idade Media, tivo lugar o pasado venres 12 de abril na Colexiata de Santa María do Campo ás 11:30h., onde se contemplaron a fachada principal e elementos do seu interior, como os capiteis ornamentados ou as marcas de canteiro, entre outros.

Dolores realizou a súa exposición de maneira que os alumnos-traballadores adquiriron moitos coñecementos de maneira experimental, é dicir, aprenderon a analizar o que estaban a observar sen a necesidade de recompilar datos, como poden ser as cronoloxías.

A xornada rematou na Igrexa de Santiago, na que o equipo coñeceu o seu interior e as xoias que nel se albergan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión