27 de mayo de 2026
ACCIÓN FORMATIVA: ANALITICA DIXITAL PARA OPTIMIZAR O TEU NEGOCIO
Días: 9 - 10- 16 - 17 de xuño de 2026
Horario : 17:00 a 19:30 horas
️Modalidade: Presencial
Lugar: Centro de empresas Accede Papagaio (Praza Papagaio S/N)
🟢GRATUÍTO, previa inscrición, ata completar aforo (segundo a orde de inscrición)
Inscricións no seguinte enlace:
https://forms.gle/LWRTWKEHxnHja1yB7
OBXECTIVOS:
Ao finalizar a formación, os participantes darían un paso real cara á dixitalización da súa toma de decisións, mellorando a súa competitividade en contornas cada vez máis orientados ao dato.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas que desexen iniciarse na analítica dixital sen necesidade de contar con coñecementos técnicos previos.
Ao longo do curso, as persoas participantes traballarán de forma práctica na implementación dun sistema de medición completo, conectando ferramentas clave do ecosistema dixital para entender mellor que ocorre nunha web, como chegan os usuarios, que accións realizan e como utilizar esa información para analizar resultados, detectar oportunidades de mellora e apoiar a toma de decisións.
CONTIDOS:
Sesión 1 - Entender o ecosistema dixital
Cómo funciona unha web (visión sinxela e sen tecnicismos)
Qué é a analítica dixital e para que serve nun negocio real
Cómo se conectan web, márketing e datos
Qué se pode medir e por qué importa elixir ben
Sesión 2 - Configuración do sistema de medición
Configuración inicial de Google Analytics 4
Introdución práctica a Google Tag Manager
Conexión con Google Ads e Meta Ads
Definición de accións clave a medir: leads, clics, formularios, compras
Sesión 3 - Análise e toma de decisións (con Google Analytics 4)
Cómo ler os datos sen perderse nos números
Preguntas clave de negocio que os datos poden responder
Sesión 4 - Cadro de mandos
Identificación de indicadores clave (KPIs) para cada tipo de negocio
Organización e xerarquización da información
Creación dun dashboard sinxelo e operativo
Cómo usar o cadro de mando no día a día do negocio
REQUISITOS:
*Recomendable ter web propia, ainda que non é imprescindible
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible