18 de maio de 2025
O Concello da Coruña destaca a boa acollida dunha normativa que flexibiliza os requisitos de acceso e aposta polo apoio ao emprendemento e á consolidación empresarial
A recente modificación da ordenanza que regula o funcionamento dos Centros Municipais de Empresas (CME) da Coruña comeza a dar os seus froitos cun balance moi positivo: seis novas iniciativas empresariais incorporáronseao espazo coworking ACCEDE Papagaio nas últimas semanas desde a entrada en vigor da nova normativa.
Este impulso responde á aposta do Goberno de Inés Rey por reforzar os instrumentos municipais de apoio á creación de emprego e ao emprendemento, mediante medidas que facilitan o acceso aos recursos públicos e promoven a dinamización do tecido produtivo local.
As modificacións introducidas permiten ampliar os criterios de acceso tanto no Centro Municipal de Empresas da Grela como no espazo coworking ACCEDE Papagaio. A ordenanza estende a condición de nova empresa ata os cinco anos desde a alta censal e incorpora tamén a posibilidade de acceso para empresas en fase de consolidación, cunha antigüidade de entre cinco e dez anos. Ademais, amplíase o tempo máximo de permanencia nos centros ata nove anos, simplifícase o modelo de plan de empresa e elimínase a participación de entidades externas nos procesos de selección, reducindo prazos e axilizando trámites.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, destacou que "esta resposta inicial confirma que as modificacións eran necesarias para facer máis accesibles e funcionais os recursos municipais. Os Centros Municipais de Empresas deben ser ferramentas útiles e adaptadas á realidade actual do emprendemento".
As seis novas empresas incorporadas a ACCEDE Papagaio son:
Estas iniciativas súmanse ao resto de proxectos xa aloxados nos centros municipais, reforzando un ecosistema empresarial baseado na colaboración, a innovación e a sostibilidade.
Con esta actuación, o Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa xeración de emprego, a promoción da actividade empresarial e o fortalecemento dun modelo económico de proximidade, sustentado en valores de cooperación e desenvolvemento local.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible